Temas: DESAPARECIDO

Outra octoxenaria desaparecida en Santiago

A muller ten 82 anos de idade e precisa de medicación. Non se sabe nada dela desde o mércores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2017 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

Unha muller de 82 anos de idade permanece desaparecida desde o mércores 30 de agosto en Santiago de Compostela, polo que a Policía Nacional coordina un operativo de busca.

Octoxenaria desaparecida en Santiago o 30 de agosto.
Octoxenaria desaparecida en Santiago o 30 de agosto. | Fonte: Europa Press

Segundo informaron a Europa Press fontes policiais, tense constancia de que a muller saíu cedo da súa casa a última vez que foi vista, polo que se concentra a súa procura en "Santiago e inmediacións".

En concreto, segundo a alerta de SOS Desaparecidos difundida pola Guardia Civil en redes sociais, trátase de Consuelo Pereiro Ferro, de 82 anos de idade, que mide 1,60 metros e usa lentes graduadas.

Ademais, advirten na alerta difundida de que a octoxenaria, cuxa denuncia de desaparición foi presentada na Comisaría da Policía Nacional de Santiago, necesita medicación.

Temas: DESAPARECIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta