Denuncian que Lugo se "esquece" dos xudeos e se "entrega" aos chineses

Un membro da Agai critica a actitude do concello e deputación de Lugo co pobo xudeo, mentres que colectivos de esquerdas chaman a novos boicot contra Israel.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 02/10/2010 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Nun artigo publicado na Web de Agai(Asociación Galega de Amizade con Israel), o xornalista Andrés Pavón critica o esquencemento "total" do Concello de Lugo sobre o día da Cultura Xudea en Europa que se celebrou o pasado sete de setembro. Así, denuncia que, mentres en Monforte de Lemos houbo unha visita guiada polo antigo barrio xudeo da cidade, coa presenza de membros da comunidade israelí española, na capital da provincia non se fixo nada.  "Tamén é lóxico pensar que o total entreguismo dos responsables municipais hacia China impide que a capital da provincia poida ter calquera outro tipo de relacións internacionais e moito menos cun país pequeno como é Israel", sinala.

Así, destaca que non se deberían esquezar as aportacións que os xudeos fixeron á cultura e ao pensamento de Europa como é o caso de Baruch de Spinoza, Benxamín de Tudela, Sigmund Freud ou Franz Kafka. Por iso, pídelle ao concello de Lugo e á deputación que "estuden en profundidade" a pegada que os xudeos deixaron en Lugo e no seu entorno. "Por suposto que o legado romano é máis importante pero, igual que en calquera lugar do mundo é fácil atopar un lucense, o mesmo pasa cos israelitas polo que, a pouco que se investigue, han aparecer vestixios do chamado pobo elexido", indica.

Ademais, denuncia o crecente "antisemitismo" dos lucenceses. "Fago esta insuficiente loubanza dos xudeus porque, dende hai moito tempo, detecto nas conversacións dos bares de Lugo (onde, para min, se reflexa de forma importante a opinión pública) un indisimulado desprecio hacia os hebreos, cando non un claro antisemitismo. Expresións como “Hitler deixou o traballo a medias” ou unha lectura simplista do conflicto israelo-palestino entendéndoo como unha loita dos bos contra os malos (cos xudeus de malos, claro) son habituais en moitas tertulias de barra de bar".

Neste sentido, recoñece que os xudeos "cometeron, cometen e cometerán erros colectivos" como calquera outro pobo, pero insiste en que se se bota unha ollada atrás, habería que respetalos polo "moito que teñen aportado a Europa".

Chamamento ao boicot


Por outra banda, Esculca, FugaEmRede, Pallasos en Rebeldía e Xudios Antisionistas fan un chamamento á sociedade galega para iniciar accións de boicot contra Israel. Estes colectivos reuniranse o vindeiro 9 de outubro en Compostela para analizar a situación dos dereitos da sociedade palestiniana e a vulneración dos seus deretios por parte da "ocupaçom sionista".

Por iso, propoñen que se difunda a realidade de esta "ocupación", s inicie unha campaña BDS, "Boicot, Desinvestimento e sançons", adaptada a Galicia e se participe na campaña global de ruptura do bloqueo da franxa de Gaza, "Rumo a Gaza".

"Apenas como reflexom, pensamos que deveríamos trabalhar sobre a realidade de vulneraçom de direitos da populaçom palestiniana como ponto em comum. Cremos que o interessante é construir um espaço de trabalho e agregaçom colectiva tentando evitar que a lógica de trabalho comece com diferenças desde o princípio e potenciando a amplitude de miras com vistas a ser quem de construir no país um espaço diverso de difusom da luita palestiniana", indican nun comuniado.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

8 Insolente a rabiar

Mi pregunta es: ¿A quién le importa lo que piensen de Israel y los judios unos cuantos lucenses desde sus tascas y calles llenas de moho, anclandas en un micro-cosmos aldeano, aislado y anacrónico?. Los judios aportaron mucho a la humanidad, los lucences creo que nada. Ahi esta la diferencia. Por cierto a los que pidan boycot a Israel recordad que la mayoría de las patentes tecnológicas para curar el cáncer vienen de allí.

1 Akiva

Xabier Pérez Igrexias, temos-te descoberto! Bom intento, mas não cola.

2 Nambuangongo

Tranquilo, meu, tu vota a Orozco, que esse converte os aldeanos em senhoritos madrilenhos, e conecta-os com o AVE a Madri, o centro do mundo. Converte também o anacronismo dos tomadores de vinhos e petiscos na modernidade dos comedores de hamburguesas nos centros comerciais. Também limpa o mofo para os turistas e deixa ruínas o resto, para que os construtores um dia as derruam e levantem esses magníficos pastiches neoclássicos de tropecentos pisos. Igual falas do mofo das árbores da ex-Carvalheira, ou do parque Rosalia de Castro, esse limpa-se com cimento...

3 Nambuangongo

O pior «moho» que se pode topar nas ruas de Lugo é essa direita urbanícola que comenta parvadas em castelhano. Esses que tanto odeiam «lo aldeano», melhor O PROVINCIANO.

7 Insolente a rabiar

Mi pregunta es: ¿A quién le importa lo que piensen de Israel y los judios unos cuantos lucenses desde sus tascas y calles llenas de moho, anclandas en un micro-cosmos aldeano, aislado y anacrónico?. Los judios aportaron mucho a la humanidad, los lucences creo que nada. Ahi esta la diferencia. Por cierto a los que pidan boycot a Israel recordad que la mayoría de las patentes tecnológicas para curar el cáncer vienen de allí.

6 Pedro

A verdade é que sorprende que alguén non estea dacordo co recoñecemento e a recuperación da pegada deixada pola presenza secular dos xudeus en Galiza. Desde logo os que mesturan a recuperación do noso patrimonio, da parte da nosa memoria histórica que foi a vida do pobo hebreo entre nós coa súa obsesión patolóxica antiisraelí o que amosan é a certeza dos comentarios de Andrés Pavón. Un fato de antisemitas disfrazados de antisionista.

1 Pablo

Nin a AGAI, nin os Pavóns, nin os Pedros condenan as prácticas do Estado de Israel, masacrando o povo palestino, e veñen a falarnos de patrimonio e de cultura. Señores, que non nos chupamos o dedo, o voso Israel hoxe equivale aos nazis doutrora, e vós sodes os colaboracionistas necesarios.

2 Pedro

Imos ver Pablo. Discrepo mais acepto todas as críticas que queiras facer ao Estado de Israel. Mais que ten que ver o conflito árabe-israelí coa indiscutíbel achega que o pobo xudeu fixo no noso País ate a súa expulsión polos Reis Católicoa? Estiveron séculos e espallados por toda Galiza. Son parte do noso patrominio e da nosa memoria guste ou non guste caro Pablo.

3 Pablo

Lamento non concordar, serán parte do teu patrimonio e da túa memoria. O patrimonio non é algo neutro, menos aínda natural, é unha escolla onde decidimos que parte do herdado debemos conservar e legar a xeracións futuras. De vez en cando era interesante actualizar o discurso, o dos legados e o dos patrimonios sacralizados hai décadas que caeu en desuso.

5 Júlio

Que é o que vos molesta? 1. Que o autor não seja catedrático de Língua e Literatura? Mas se no BNG já ides sobrados desses especímenes! 2. Que se fale da pegada histórica do judaísmo na Galiza? Isso é uma evidência incontestável. Não vejo, porém, que protestedes pela promoção odiosa e falaz do islamismo na Galiza, como se passa com o multimilhonário Festival AMAL de cinema. Qual é a pegada histórica do islamismo na Galiza? …Ah, que Ghaleb simpatiza com o BNG! 3. Que Hitler não rematasse o seu labor? Eu acredito que isto, na realidade, é o que vos molesta. Por que em vez de atacar ad hominem não rebatedes argumentos? E para GC: código deontológico. A opinião dum membro da AGAI não tem por que ser a opinião da Associação -embora neste caso não exista ponto de fricção algum entre o ideário desta Associação e o certeiro artigo do senhor Pavón.

1 Almoiña

Coidate, comentarista Júlio, de amizades como a do Pavón. Saberás que unha das súas teimas son os reintegracionistas e lusistas. E non nos metas a todos no mesmo saco: non somos do BNG, nin apoiamos aos nazis por criticar o racismo dos sionistas con Palestina. O teu discurso é demasiado facilón, e deberías revisar o da pegada do islamismo, moi espallada na Galiza que os pechados e contados núcleos semitas.

2 Júlio

No texto do sr. Pavón não vejo teima ánti-reintegracionista nem ánti-lusista alguma. Porém, vós saltades a "degüello" por uma forma adverbial, sem serdes capazes de rebater o fundo do seu texto, que é o que realmente importa. Em quanto a pegada islamista na Galiza, quitando a mesquita que erigiram em Arteixo, o multimilhonário do Aragüaney e a estátua de Santiago Matamouros já me informarás onde está. Por certo, vaia o meu reconhecimento a GC, que tiveram a bonomia de rectificarem o gravíssimo erro jornalístico de adjudicar a autoria do texto a uma organização em vez de ao seu autor real.

3 Almoiña

A ignorancia non é excusa. Pareces descoñecer outras activadades do Pavón, infórmate. E da terra sabes menos: mouriscos e nomes que nos falan de desprazados temos abondo na toponimia, até parece que anteriores aos protectores que tanto mencionas (como se os xudeos non pagaran para que nos conten a historia á medida...), e aínda non vimos unha liña que lembre aqueles que quedaron con nós.

4 Roseiro

Andrés Pavón, o frecuentador de tascas, podía ter outras fontes para informarse. Aquel "xornalista" seica está colocado por ter militancia no PSOE, dise que mesmo unha irmá tamén foi situada polo sur de Lugo, agora morde na man dos que lle dan de comer, todo sen perder a súa miserable sobervia que o emparentan cos desprezables sionistas. A polémica faino medrar, sabémolo, pero para moitos nada temos que debater con ten cheiro a xofre.

1 Andrés Pavón

Como volvas mencionar a miña irmá, arráncoche esas pelotas morunas.E identifícate, baboso fillo de puta

2 Andrés Pavón

Semella que, unha semana despois, segues sen poder sacar a lingua do cú de Xosé Lois "troleiro" García. É unha mágoa. Non esquezas identificarte en canto a saques