Denuncian que Lugo se "esquece" dos xudeos e se "entrega" aos chineses

Un membro da Agai critica a actitude do concello e deputación de Lugo co pobo xudeo, mentres que colectivos de esquerdas chaman a novos boicot contra Israel.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 02/10/2010 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Nun artigo publicado na Web de Agai(Asociación Galega de Amizade con Israel), o xornalista Andrés Pavón critica o esquencemento "total" do Concello de Lugo sobre o día da Cultura Xudea en Europa que se celebrou o pasado sete de setembro. Así, denuncia que, mentres en Monforte de Lemos houbo unha visita guiada polo antigo barrio xudeo da cidade, coa presenza de membros da comunidade israelí española, na capital da provincia non se fixo nada.  "Tamén é lóxico pensar que o total entreguismo dos responsables municipais hacia China impide que a capital da provincia poida ter calquera outro tipo de relacións internacionais e moito menos cun país pequeno como é Israel", sinala.

Así, destaca que non se deberían esquezar as aportacións que os xudeos fixeron á cultura e ao pensamento de Europa como é o caso de Baruch de Spinoza, Benxamín de Tudela, Sigmund Freud ou Franz Kafka. Por iso, pídelle ao concello de Lugo e á deputación que "estuden en profundidade" a pegada que os xudeos deixaron en Lugo e no seu entorno. "Por suposto que o legado romano é máis importante pero, igual que en calquera lugar do mundo é fácil atopar un lucense, o mesmo pasa cos israelitas polo que, a pouco que se investigue, han aparecer vestixios do chamado pobo elexido", indica.

Ademais, denuncia o crecente "antisemitismo" dos lucenceses. "Fago esta insuficiente loubanza dos xudeus porque, dende hai moito tempo, detecto nas conversacións dos bares de Lugo (onde, para min, se reflexa de forma importante a opinión pública) un indisimulado desprecio hacia os hebreos, cando non un claro antisemitismo. Expresións como “Hitler deixou o traballo a medias” ou unha lectura simplista do conflicto israelo-palestino entendéndoo como unha loita dos bos contra os malos (cos xudeus de malos, claro) son habituais en moitas tertulias de barra de bar".

Neste sentido, recoñece que os xudeos "cometeron, cometen e cometerán erros colectivos" como calquera outro pobo, pero insiste en que se se bota unha ollada atrás, habería que respetalos polo "moito que teñen aportado a Europa".

Chamamento ao boicot


Por outra banda, Esculca, FugaEmRede, Pallasos en Rebeldía e Xudios Antisionistas fan un chamamento á sociedade galega para iniciar accións de boicot contra Israel. Estes colectivos reuniranse o vindeiro 9 de outubro en Compostela para analizar a situación dos dereitos da sociedade palestiniana e a vulneración dos seus deretios por parte da "ocupaçom sionista".

Por iso, propoñen que se difunda a realidade de esta "ocupación", s inicie unha campaña BDS, "Boicot, Desinvestimento e sançons", adaptada a Galicia e se participe na campaña global de ruptura do bloqueo da franxa de Gaza, "Rumo a Gaza".

"Apenas como reflexom, pensamos que deveríamos trabalhar sobre a realidade de vulneraçom de direitos da populaçom palestiniana como ponto em comum. Cremos que o interessante é construir um espaço de trabalho e agregaçom colectiva tentando evitar que a lógica de trabalho comece com diferenças desde o princípio e potenciando a amplitude de miras com vistas a ser quem de construir no país um espaço diverso de difusom da luita palestiniana", indican nun comuniado.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

3 Galego

E que actos preparán? Bombardeios com fósforo branco? Asasinato de crianças?

2 sobreira

"hacia ao pobo xudeo" ??? por Confucio, que castrapo !!!

1 koroshiya.itchy

A cultura judia que a celebrem em Israel que para isso criaram o seu estado. Ou acaso a cidade de Jerusalem inviste em promover a cultura galega?