O BNG pide a retirada da simboloxía franquista que aínda permanece en edificios de Lugo

Os escudos están nun colexio e en tres edificios dependentes de administracións públicas.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 31/08/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O BNG quere que a simboloxía franquista desapareza de Lugo.  A edil desta formación, Maite Ferreiro, afirmou este xoves que seguirá traballando para que se retiren das rúas e dos edificios da cidade os símbolos que aínda quedan da ditadura e que incumpren a Lei de Memoria Histórica a pesares de estar, case todos, situados en edificios oficiais. 

Placa franquista no Colexio As Mercedes de Lugo
Placa franquista no Colexio As Mercedes de Lugo | Fonte: BNG

“Algúns símbolos da ditadura xa quedaron en almacéns municipais e outros deben ser retirados para cumprir coa Lei de Memoria Histórica”, informou Ferreiro nun comunciado. Entre os que deben ser retirados citou a eliminación dos escudos que aínda quedan no exterior de varios edificios oficiais como o colexo de As Mercedes, o IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, o edificio de Sanidade na rúa María Balteira.

Tres dos edificios son de titularidade pública. “E a pesares de que hai varias iniciativas plenarias aprobadas neste senso, non se fixo nada para eliminar os escudos fascistas que aínda permanecen nas súas fachadas”, indicou. No caso dos edificios de Sanidade e o IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes a responsabilidade é da Xunta de Galiza e no caso do Colexo de As Mercedes o edificio é de titularidade municipal. Ademais está tamén o caso da vidrieira que se atopa no interior do IES Lucus Augusti.

Ferreiro sinalou que grazas ás iniciativas de varios grupos, e a pesar do voto en contra do Partido Popular, o concello de Lugo mudou nomes de rúas que honraban a persoas vencelladas á ditadura. Ferreiro lembrou que na última etapa cambiaron de nome as rúas Cedrón del Valle, agora Isaac Díaz Pardo, a do Tenente Coronel Teijeiro por Lois Peña Novo e a glorieta Comandante Manso como Mártires de Carral. Por outro lado, Irmáns Pedrosa quedou denominada como Xaquin Lorenzo, a rúa General Tella mudou por Avelino Pousa Antelo, e Ruíz de Alda leva o nome de Luis Cordeiro. Outro dos cambios foi que a Avenida Carlos Azcárraga pasou a chamarse Avenida de Adolfo Suárez.

Placas da falanxe en comunidades de veciñais

A edil nacionalista lembrou que en Lugo, e outras cidades, aínda quedan moitos edificios que teñen pequenas placas nas súas fachadas que teñen os símbolos da falanxe e pediu que o concello estableza un procedemento de retirada das placas con simboloxía franquista para aquelas comunidades de veciños sen que lles supoña ningún tipo de custo.

“É un xeito de avanzar na imaxe democrática do noso concello e de facer xustiza con todas as persoas que foron represaliadas” afirmou Maite Ferreiro. O concello deberá artellar un mecanismo para que o concello asuma os gastos de retirada das placas nas comunidades de propietarios que o desexen eliminar estes símbolos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Galegus

“En Italia, compañeros, en Italia sólo hay un socialista capaz de guiar al pueblo hacia la revolución: Benito Mussolini”. La cita es de Lenin.

3 Guillerme Gintonic

E na rúa Michelena en Pontevedra, sen que o Concello de Lores o Perpetuo, faga nada

2 Nimbo

Vale, pero que quiten tamén os monumentos a Pablo Iglesias

1 Hartito

Pero que ignorantes sois los fascistas pablo iglesias fundofundó un partido político no mato a nadie como tú querido enanito o cerillita como le llamaban los otros generales al asesino de franco

2 Nimbo

Pero que mentireiros e iñorantes son os socialistas. En pleno Congreso Pablo Iglesias chegou a ameazar de morte ao propio Maura para que non gobernara. O PSOE daquela promoveu un golpe de estado en 1934 contra un goberno republicano legal e democrático cun resultado de centenares de mortos. Logo, durante a Guerra Civil, o PSOE, roubou, matou e saqueo o que lle deu a gana, co resultado de que dirixentes como Indalecio Prieto vivieron como sátrapas en Méjico. E seguen legalizados.

3 Hartito

Sigues sin enterarte neonazi y encima defiendes a Maura tu es que lo tienes todo vete al médico que lo tuyo es grave la República fue legalmente establecida y la revolución del 34 de hizo porque la derechona neonazi español a y monárquica por cierto sabes algo del informe Picasso el cual señala a Alfonso XIII como participe necesario del desastre de annual y que el cerilla como buen lameculos hizo desaparecer aunque el tampoco salí a bien parado en dicho informe. La derechona nunca quiso igualdad social so listo y la represión postrevolucion que y el carnicero de Badajoz un tal Yagüe no.que poco leéis los fascistas hay más libros además del mi lucha

4 Nimbo

Hartito-Pajín, os neonazis son tan socialistas como ti. Sí o teu Pablo non respectaba a vida de Maura non hai ningún motivo para que respectasen a súa. A 2ª República saíu dunhas eleccións municipais onde os monarquicos sacaron máis concelleiros. Con iso está todo dicho.O informe Picasso non ten nada que ver con Franco nin coa República. É da ditadura do Xeral Primo de Rivera. En canto ao que contas da igualdade social, dás pena. A ver se crees que as vivendas protexidas, o seguro de desemprego, as universidades laborais ou a Seguridade Social créoas o corruto asesino Felipe González. Foi un tal Franco, que co Yagüe fíxovos correr como a coellos.

5 Hartito

Nimbo de verdad no tienes ni idea de historia lo cual es preocupante y más que justifique los asesinatos de Yagüe al rey le dicen que se exilie su grupo de consejeros el informe Picasso informa sobre el papel del Rey y los generalillos de pacotilla como el cerilla y hasta aquí la lección si quieres aprender más abre algún libro además del manual del cobarde fascista que por lo que veo es lo que lees no pierdo más el tiempo contigo.viva la republica

1 Urco

Em Ponte Vedra hai um escudo franquista na fachada do Paço de Justiça! Bom lugar pra se chancearem do cumprimento da lei.