Cantas persoas están agardando a ser atendidas pola sanidade pública?

A Fundación IDIS estima en case 88 millóns o custo de eliminar as listas de espera e propón un "plan de choque" ás administracións para "arrincar 2018 con cero listas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2017 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

A Fundación IDIS estima en case 88 millóns o custo de eliminar as listas de espera en Galicia antes de final de ano e un desembolso global duns 1.500 millóns de euros no ámbito nacional. Un diñeiro que serviría para paliar a situación dos máis de 35.000 pacientes que están agardando por unha actuación na sanidade pública, cun tempo medio de espera de 68 días.

Operación en un quirófano
Operación en un quirófano

Así, esta fundación sen ánimo de lucro propón un "plan de choque" ás administracións para "arrincar 2018 con cero listas de espera cirúrxicas no conxunto do país". Con el, augura "un incremento da eficacia e os recursos". Ademais, considera que "posibilitaría mellorar a eficacia e o funcionamento do sistema actual".

A entidade explica que a "sanidade é unha das principais preocupacións dos españois, segundo datos do CIS de maio de 2017". Neste sentido, expón que, con máis de 615.000 doentes en toda España e un tempo de demora media de 115 días (segundo Indicador do SNS de decembro de 2016), as listas de espera "constitúen un dos problemas sociais máis importante da nosa sociedade e supoñen o maior déficit de calidade do sistema sanitario".

"A posta en marcha deste plan requiriría un investimento próximo aos 1.500 millóns de euros a nivel nacional, o que suporía unha dotación extraordinaria do 1,5% no orzamento total da sanidade en España e o conxunto das comunidades autónomas previsto en 2017. Un terzo das mesma, 450 millóns, retornaría ás administracións vía impostos", expón. No caso de Galicia, IDIS estima que "o investimento para liberar as listas de espera ascendería a preto de 88 millóns (2,5% do orzamento sanitario da Xunta)", concreta.

UNHA ÚNICA VEZ

Sobre o plan proposto, a Fundación IDIS subliña que implica "un esforzo orzamentario que levaría a cabo unha única vez e que non é excesivo en comparación con outras asignacións de gasto sanitario nacional actuais". "A modo de exemplo, equivalería a preto do 10% do custo sanitario anual asociado ás secuelas do tabaquismo", abunda.

necesaria unha vontade política na procura de solucións que garantan a continuidade do sistema, deixando ao carón formulacións ideolóxicas e que dean resposta a necesidades urxentes e reais que preocupan e afectan os cidadáns", afirmou o director xeral da Fundación IDIS, Manuel Vilches.

Para poder executar o plan de choque, IDIS sinala que "poría a disposición das administracións sanitarias" todo o seu "potencial asistencial representado máis 2.000 quirófanos, preto de 100.000 profesionais sanitarios traballando no ámbito hospitalario, 452 hospitais -57% do total- e máis de 51.000 camas -33% do total-" e a súa experiencia.

A posta en marcha desta actuación, ao seu xuízo, "permitiría a eliminación da lista de espera en poucos meses, incrementando unha media de tres a catro intervencións por quirófano por día" na rede de hospitais da sanidade privada, "algo totalmente viable tendo en conta a súa capacidade actual e a súa elevada axilidade na resposta ás necesidades da poboación", sostén.

REUNIÓNS

IDIS explicou que solicitará nos próximos días reunións cos máximos responsables do Ministerio de Sanidade e das comunidades autónomas para presentarlles o plan "de cara a poder deseñar unha estratexia concreta para a utilización deste potencial asistencial".

"Entendemos que é unha operación de choque, que tecnicamente permitiría eliminar un grave problema en poucos meses, pero cremos que non é a solución definitiva para acabar coas listas de espera", resalta a fundación.

"Con todo, é un paso decisivo para sentar as bases dun modelo de cooperación público-privado eficaz, que beneficie aos cidadáns, e que permita acabar con esta situación que se agrava ano a ano", conclúe o doutor Vilches, á vez que considera que "a sanidade privada é un aliado estratéxico para garantir a sustentabilidade do sistema e o mantemento dunha sanidade universal".

"E a nosa proposta enmárcase no cumprimento do noso obxectivo de conseguir a mellor integración dos sistemas sanitarios público e privado, liberando recursos e contribuíndo a unha maior e mellor accesibilidade da poboación á atención sanitaria", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 boínhos

Primeiro destrozamos a Pública por terra, mar e aire, a favor da Privada e logo vimos de boínhos con remedios coma soles !!