Deleite volve a organizar un festival de grupos galegos

Despois do éxito da primeira edición no Parque de Belvís de Santiago, Lugo acollerá o vindeiro venres 23 de setembro, o segundo Festival do Leite. Terbutalina, Adrián Costa, Os Amigos dos Músicos, Atrás Tigre, The Funkles, Caxade e Cachas and Cousins encabezan o cartel do evento, que segue a ser gratis.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2017 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

A cidade de Lugo acollerá o vindeiro venres 23 de setembro, na "contorna" do Pazo de Feiras, o segundo Festival do Leite, que o pasado ano tivo lugar na capital galega.

Os amigos dos Músicos no Terrazeando
Os amigos dos Músicos no Terrazeando | Fonte: Desconcierto Cultural

Pedro Boquete, un dos responsables da marca Deleite (Lugo), presentou este venres, no centro cultural O Vello Cárcere da cidade amurallada, o segundo Festival do Leite que promove esta empresa. Na presentación tamén participaron a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, e o humorista e "padriño" da marca, José Antonio Touriñán.

Durante o seu discurso, Boquete presumiu de que Lugo é "a capital láctea de Galicia". "Si merecía e seguramente foi inxusto non celebrar aquí o primeiro festival", sinalou, xa que o primeiro festival do Leite tivo lugar en Compostela o pasado ano cunha presenza de máis de 8.000 persoas, cifra que a organización espera superar na capital lucense.

Cun cartel de cinco grupos, o festival abrirase ás 12,00 horas con entrada gratuíta, aínda que se pedirá aos que acudan que doen "produtos de primeira necesidade" para transferilos ao Banco de Alimentos. Terbutalina, Adrián Costa, Os Amigos dos Músicos, Atrás Tigre, The Funkles,  Caxade e Cachas and Cousins son os artistas do cartel presentado hoxe.  

Touriñán, cuxa intervención non estivo exenta de humor, incluso emulando ao Rei emérito á hora de saudar, trasladouse á súa infancia durante o seu discurso para subliñar o valor do leite e o que lle dicía a súa avoa: "Toma dous vasos que así vas crecer máis".

Alonso Caxade
Alonso Caxade | Fonte: matias mosterkid desconcierto.com

Pola súa banda, a alcaldesa, Lara Méndez, destacou a alta incidencia da gandaría no Concello, con "máis de 400 explotacións", das que "máis da metade" dedícanse ao sector lácteo.

Presentación do Festival do Leite 2017
Presentación do Festival do Leite 2017
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta