Temas: CORISTANCO PSDEG

Os socialistas tamén recorrerán nos tribunais o pleno da moción de censura de Coristanco

Asegura que a expulsión do actual alcalde e ex edíl socialista “foi clara e inequívoca” e comunicouse en tempo e forma ao Concello de Coristanco, “polo que conta con todas as garantías legais”.

Por Galicia Confidencial | Coristanco | 01/09/2017 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

O PSdeG tamén recorrerá por vía contencioso-administrativa o pleno da moción de censura de Coristanco. Súmase, así, a demanda que tamén anunciou Terra Galega. Ambas as dúas formacións consideran que o novo rexedor, o ex socialista Abraham Gerpe, obtivo o bastón de mando de xeito ilegal.

Abraham Gerpe, segundo pola dereita, coa súa xa ex agrupación socialista de Coristanco
Abraham Gerpe, segundo pola dereita, coa súa xa ex agrupación socialista de Coristanco | Fonte: QPC

Os socialistas xa reclamaron no rexistro municipal o expediente administrativo completo da sesión plenaria e os seus servizos xurídicos traballan na redacción do recurso que tratará de impugnar a moción de censura.

A Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE, que expulsara do partido a Gerpe apenas uns días antes da moción, considera que “debería terse aplicado a Lei antitransfuguismo” anulando o seu voto ao pasar ao grupo dos non adscritos. Foi un escrito presentado por Gerpe no que denuncia a ilegalidade da súa expulsión o que permitíu, coa axuda do voto de calidade dun edil do PP na mesa de idade, o que permitiu sacar adiante a moción.

A dirección provincial sostén que “a vontade de expulsar a Abraham Gerpe como representante do Grupo Socialista no Concello de Coristanco foi clara e inequívoca e comunicouse en tempo e forma ao Concello de Coristanco, polo que conta con todas as garantías legais”. Ademais, “consideran que existiron outros defectos legais na celebración do pleno que poden pór en cuestión a súa validez e que serán argumentados no recurso”.

Asemade, os socialistas insisten en “criticar a hipocresía política do Partido Popular, cuxos órganos de dirección desautorizaron tamén públicamente a moción pero non fixeron nada para expulsar aos seus edís antes da celebración do pleno e evitar unha situación como a que se dá agora en Coristanco”.

Temas: CORISTANCO PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Galego

Os que se venderon o PP carecen de credibilidade