Cantos expedientes abriu Vázquez o ano que gobernou coa norma da "imposición"?

Nova reportaxe de GC sobre a polémica lingüística no novo curso. O sindicato STEG avalía os riscos que corren "Profes co Galego" por desafiaren o “Decreto do Plurilingüismo” e a realidade do suposto conflito nas aulas durante o bipartito. Video no interior.

Por Walter Burns | Santiago | 03/10/2010 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A primeira video-reportaxe de produción propia de Galicia Confidencial sumou case 2.000 visitas nunha semana. Nela, dous socios de “Profes como galego” explicaban porque seguen a dar clases de matemáticas na lingua do país, malia que a nova lei obrígaos a usar o castelán.

None

Os riscos de desafiar o Decreto

A que se arriscan os profesores que desafían o polémico “Decreto do Plurilingüismo”? Esta é unha das preguntas que responde o Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) neste novo vídeo:

Xosé Cabido, responsable de Acción Sindical, admite que existe un risco de expediente, que mesmo “podería chegar a supoñer unha expulsión da función pública”. Agora ben, Cabido considera que sería “impensable” tal extremo “porque sería retrotraernos ao franquismo”.

O “sensor” de Jesús Vázquez

De expedientes tamén fala Sonia Fernández, secretaria da Muller do STEG. A sindicalista revela un dos segredos máis preciados do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez: o número de expedientes pola suposta imposición do galego que tivo que abrir durante o curso que gobernou aplicando a norma do bipartito.

“Cando houbo o cambio de Goberno e tivemos a primeira entrevista co conselleiro preguntámoslle, despois de toda aquela campaña sobre o famoso conflito, cantos expedientes tiveron que abrir a raíz das denuncias, e a reposta foi que ningún; pero que tiña unha especie de sensor que lles permitía saber que había un malestar”, relata Fernández.

O “bulo” do “tres ao caldeiro”

A profesora esfórzase por desmontar outro dos argumentos de colectivos contrarios á normalización, p.ex. Galicia Bilingüe, a presunta dificultade dos nenos criados en castelán para aprender en galego. É dicir, o famoso exemplo do rapaz que non é quen de aprender potencias porque o profesor lle explica tres “ao caldeiro” e non “tres ao cubo”.

Para Fernández, profesora de matemáticas con experiencia en seccións bilingües, o do “tres ao caldeiro” é un “bulo” porque “non é asumíbel o discurso dun alumno que non entende unha materia por ser dada en galego, ninguén pode crelo”.

O galego, residual nas aulas urbanas de Infantil

O STEG, como o resto de sindicatos, rexeita a nova norma que reduce o uso do galego nas aulas. Xosé Cabido estima que a opinión dos pais debería ser un argumento máis á hora de escoller o idioma, pero non o factor determinante.

Segundo datos do STEG, até o 40% dos pais de zonas urbanas pediron escolarizar aos seus fillos en galegos. Porén, unha enquisa deste sindicato cifra nun 12% as aulas urbanas de Infantil que se imparten en galego neste novo curso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 133 comentarios

15 anonimo

NEste artigo: http://www.elpais.com/articulo/Gali... fala de que os datos dados polo STEG carecen de rigor científico: hay cosas que no encajan en los datos de la encuesta del sindicato, de la que ignoramos todos los aspectos metodológicos. La ocultación de estos aspectos por sí sola ya la convierte en desechable.

14 gachet

ide todos á merda

13 anonimo

Para o 2 do 9, a min que non estou en ningun sindicato un do STEG do meu centro dixome que non asinara o documento de queremos galego, asi que ti tampouco dis a verdade

1 farto

Queremos Galego...esa "Plataforma Plural" integrada por non sei cantos centos de colectivos na que NINGUEN NEN NINGÚN pode opinar. Esa Plataforma que fai e desfai ao antoxo e sombra da UPG sen ter en conta á xente. Esa Plataforma que na vez de inzar o país de concertos e implicar a colectivos e artistas de cada comarca, prefire nun acto de poderío organizar unha "paiasada" en Pontevedra. Esa Plataforma que ten a sorte de que as persoas comprometidas coa lingua acudan á súa mani!!! Esa Plataforma controlada de pe a pa pola Upg!!!

2 Rayleigh

Vaia farto..mandáronte a paseo, non? Querías pillar cacho e non te deixaron? Eres ti un artista "comarcal"? Onde podo ver unha exposición das túas? Ou eres de GB, resentido por ese "poderío" que esta secta nin pode sequera soñar? Pois non sei..fala con estes. De seguro que nos seus próximos actos, seguro que enchen auditorios para cantar louvanzas a súa Mesías con artistas "comarcais".

3 Compostelana

Temos de reconhecer que as escolhas soberanas têm mais ativismo comprometido, mas vêm as eleições e os zipallos vencen de novo. Avante República Democrática e Socialista da Galiza.

4 Rayleigh

Non te tires da moto compostelana..que para ben ou para mal, o tema da independenza esta moi moi lonxe (se se chega) e o de Socialista, nin te conto. Baixa á terra, queres?

5 Lamigueiro

Chamar paiasada ao concerto de Pontevedra ou á plataforma é ter moi mala ostia, estar moi resentido ou ser de GB. O mellor da música galega e catro mil persoas de todo o país acudeo ao concerto e foi do mellor, tres maXifestacións, concentracións, actividades mil, ruadas por todas as vilas de Galicia, recollidas de sinaturas, correos masivos...O único certo que a plataforma é un exito sen precedentes na defensa do galego

6 Bernard

Acho que debemos calmarnos todos un pouco, non? Todas as enerxías son necesarias na defensa da lingua, é a mellor presentación que lles podemos facer aos bífidos que queren eliminar o galego da vida pública deste país.

7 Outra

Rayleigh...non dis nada ao 1º comentario...so personalizas pero non podes desmentir que sea unha plataforma aberta so a poñer o nome, non a opinar e traballar nela.

12 eulo

tres al caldero... todol mundo lontiende... no si?

11 LUAR

Xa anda o consorte da licores dando a matraca co conto dos gavinos.No instituto non vos pode ver ninguén. Menos mal que o teu pai non tivo que ver o espectáculo que estades dando, pallaso.