Un novo partido para as municipais

Converxencia XXI celebra o seu primeiro congreso co obxectivo de ocupar o espazo "galeguista, europeísta, democrático e liberal".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/10/2010 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

Esta nova formación, que xa leva funcionando como partido desde hai un ano, pechou este sábado o seu primeiro cónclave do que saíu elixido o colaborador de Galicia Confidencial, Carlos Vázquez Padín, como secretario xeral.

None

No seu primeiro congreso definironse os estatutos desta formación “galeguista, europeísta, democrática, liberal no social e no económico, con sensibilidade social” e “aconfesional”.

Ademais, CXXI aposta por garantir a igualdade de oportunidades e por que a sociedade civil galega teña “un rol central no desenvolvemento económico e social do país” e acredita na “potenciación da identidade de Galicia” para “que a cidadanía galega desenvolva ao máximo as súas potencialidades individuais”.

Listas municipais

Esta nova formación ten coma primeiro reto acadar representación institucional nas vindeiras eleccións municipais. Para iso, CXXI xa dispón dunha candidatura en Tui e está elaborando novas listas noutros concellos galegos.

"O interese de Converxencia XXI é presentar un número reducido de candidaturas, pero que respecten os principios ideolóxicos e de funcionamento do partido. Non somos a marca branca para que quen queira optar a parcelas de poder no seu concello se presente por nós. Esa foi a ruína doutros proxectos galeguistas, pero nós somos unha aposta a medio e a longo prazo”, afirmou Carlos V. Padín. Segundo Converxencia, nestes últimos meses o crecemento da afiliación foi constante e homoxéneo por todo o país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

10 eu e máis ti

Espero non estar no certo, pero cada día teño máis medo de que algúns en CXXI o único cambio que ambicionen estea no seu peto. Medo de que este proxecto non saia adiante e fiquemos outra vez sen unha forza capaz de artellar Galicia dende Galicia. Unha alternativa centrista e nacionalista ó BNG é imprescindíbel en Galicia e semella que Padín ten os coñecementos e as ideas necesarias para levalo a cabo. Espero que se centren en gañarlle terreo ao PSOE e especialmente PP, e non limitarse a recoller votos de descontentos co BNG. Alguén sabe onde se van a presentar nas municipais?

1 Cobillón

O medo é lóxico pero se sempre andamos con ese medo nunca conseguiremos nada. Hai que traballar para conseguir ter esa alternativa. Se andamos con medo ao erro o único que teremos é dereito a laiarnos.

2 Leiro

presentaranse en Tui.

3 eu e máis ti

Só en Tui? Que decepción. En Lugo a xente que votou ao BNG está moi desmotivada e alí xa tedes algúns apoios creo. Se ides aló ás municipais cun programa serio e facendo un esforzo titánico para darvos a coñecer deixades a Antón Bao pouco menos ca no paro. En serio, non podedes esperar que con só unhas poucas candidaturas os galegos se ilusionen con vós.

4 Carlos - A Coruña

Non é unha decepcion. Ten en conta que con menos dun ano real de vida poder presentarse nas municipais xa é un exito. Seria moito mais rapida facer de marca branca e admitir baixo as nosas siglas a "politicos profesionais" que quedaron sen partido pero sería cometer os mesmos erros doutros proxectos. Créeme que as cousas en Converxencia estanse facendo ben, asentando unhas boas bases para que isto non sexa flor dun día.

9 Luguês

Parabéns. O tempo porá a cada um no seu lugar. Se Converxencia é um pufo, saberemo-lo. Mas se é um projeto sério e comprometido co país, também o saberemos. Hoje em dia nom há muita gente disposta a sacrificar-se polo país, assim que um novo projeto só pode ser saudado com ledice. Criticar a quem nom conheces é um prejuízo. E semelha que aqui há muitos que os têm.

8 Senén

Tamos tan queimados os cidadans dos políticos, que por moito que inventedes, sempre pensaremos que sodos os mesmos, con diferentes berros, pero sempre con mismos intereses. Así que vos veredes, se nos dades convencido, que o vexo moi pero que moi difícil. Cordiais saúdos. (E perdoade o meu galego).

7 Ardora

Velai a nova aposta enriba da mesa. Hai sitio eleitoral para todos e todas. o BNG debe ser xeneroso e non maltratar a Converxencia, pois pode existir igoalmente, no seu espazo mais a esquerda e como fronte ampla, e Converxencia nun espazo mais central e crecendo a costa dos 2 partidos estatais, particolarmente do PP cada dia mais anti-galego. seria de egoistas, anti-galegos e curtos de miras tirar contra unha formacion que esta a nascer e sera moi necesaria para o futuro do panorama politico do pais se obtivesse representacom no Parlamento galego.... Ou prefire alguem antes deputados de UPyD denantes que deputados de Converxencia no Horreo?

1 Manolo

Ya que lo preguntas, yo los prefiero, por supuesto. En el País Vasco, UPyD ya tiene representación parlamentaria. No quiero desanimaros pero a este invento neocaciquil le veo poco futuro. Aunque bueno, a lo menor consigue alguna concejalía de urbanismo por el sur de Pontevedra. Que es de lo que se trata y en tal caso será muy útil para alguno de los promotores de la idea. Ahora ya podeis rasgaros las vestiduras, bla, bla, bla.

2 Leiro

pois non te desejo sorte porque non comparto o que di esa mulher sobre Galiza e os galegos.sobre urbanismo, pois informate rapidamente do que pasa en Tui, e o alcalde que ali tenhen e sufren polos temas de urbanismo caciquil.

6 Ardora

as ideias parecen boas, e o enquadramento ideoloxico tamen. en Galiza ja hai muitos pequenos partidos,marginais poderiase dicir, pero todos a esquerda do BNG e sen capacidade de crecer eleitoralmente.Oxala este partido tenha un crecemento sostido e trabalhe com seriedade polo pais: a ideia que um partido de centro, galeguista e con sentido de Pais, que emule os exitos do PNV e CiU a escala mais modesta en Galiza deveria ser apioada por todos os que se consideran que aman esta terra. ou acaso non se escoitaban sempre laios sobre a desaparicion e fagocitacion de Coaligion Galega?