Un novo partido para as municipais

Converxencia XXI celebra o seu primeiro congreso co obxectivo de ocupar o espazo "galeguista, europeísta, democrático e liberal".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/10/2010 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

Esta nova formación, que xa leva funcionando como partido desde hai un ano, pechou este sábado o seu primeiro cónclave do que saíu elixido o colaborador de Galicia Confidencial, Carlos Vázquez Padín, como secretario xeral.

None

No seu primeiro congreso definironse os estatutos desta formación “galeguista, europeísta, democrática, liberal no social e no económico, con sensibilidade social” e “aconfesional”.

Ademais, CXXI aposta por garantir a igualdade de oportunidades e por que a sociedade civil galega teña “un rol central no desenvolvemento económico e social do país” e acredita na “potenciación da identidade de Galicia” para “que a cidadanía galega desenvolva ao máximo as súas potencialidades individuais”.

Listas municipais

Esta nova formación ten coma primeiro reto acadar representación institucional nas vindeiras eleccións municipais. Para iso, CXXI xa dispón dunha candidatura en Tui e está elaborando novas listas noutros concellos galegos.

"O interese de Converxencia XXI é presentar un número reducido de candidaturas, pero que respecten os principios ideolóxicos e de funcionamento do partido. Non somos a marca branca para que quen queira optar a parcelas de poder no seu concello se presente por nós. Esa foi a ruína doutros proxectos galeguistas, pero nós somos unha aposta a medio e a longo prazo”, afirmou Carlos V. Padín. Segundo Converxencia, nestes últimos meses o crecemento da afiliación foi constante e homoxéneo por todo o país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

5 Carlos - A Coruña

Pero non perdades os nervos home. Se realmente somos unha "peña de amigos" como dí Saña ou un panda de frikis como dí Dr House non tedes de que preocuparvos que non imos acadar votos. O problema o teredes cando vos deades conta de que vimos para traballar, e o traballo sempre da resultados.

4 saña

O MELLOR COMENTARIO PRA ESTA "PEÑA DE AMIGOS (con todos os meus respetos) E NON FACER COMENTARIOS

1 Piche

Haberá que respectar esta xente nos seus primeiros pasos e sempre que demostren honestidade e un compromiso co país. O mesmo cualificativo ("peña de amigos") valería para o resto das formacións por máis que teñan milleiros de militantes e simpatizantes, porque ao fin e ao cabo todos os partidos se converten en conglomerados de intereses. Polo tanto, que teñan sorte na súa andaina se os principios que venden son sinceros.

2 Raña, La

sí, tiñan que organizarse militarmente e sobre todo na barra dos bares coma os da túa organización, que empeza por U e remata (literalmente) con Galicia

3 Dr House

Política de cueiros e frikis

1 Cobillón

Fronte ao insulto e descalificación

2 Rafita Cuiña

¿No hay sitio para mi?

1 Cobíllón

Hai sitio para todos aqueles que queiran traballar nun proxecto novo e ilusionante. Non hai sitio para trols

1 Arnulfo

Soame a partido de oficinistas, burocratas,cheo de tópicos pseudo teóricos alonxados da realidade social na que viven, non os coñezo de nada pero a primeira impresión que en marketing polítio (como eles saberán é moi importante) parercen unha organización política chea de artificios. A formación de partidos deben xurdir froito de inquedanzas socias de amplia base, non de ideas preconcebidas de manuais de ciencia política. Os do PSdg xa non saben que inventar...jejeje

1 Cobillón

Efectivamente, non os coñeces de nada.

2 eu e máis ti

En toda formación ten que existir un algo de artificialidade, pero CXXI pode ser un bo lugar para que os mellores traballen polo País, ao xeito de CiU en Cataluña (ou o PNV en Euskadi). Se o pensas ben, hai unha masa importante de galegos que desexa algo así en Galicia cando ve os logros destas formacións no Congreso (véxase o caso actual dos Orzamentos do Estado). Ou non?