GC Aberto
Temas: TRIVES

Son de Trives rexeita o anteproxecto de modificación da Lei de Saude de Galicia e esixe a súa retirada

O concelleiro de Son de Trives, Jorge Vázquez, xunto coas súas compañeiras de formación, sumáronse ás esixencias da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de O Barco para demandar a retirada do anteproxecto que modifica a Lai de Saúde de Galicia.

Por Trives | GC ABERTO | 03/09/2017

Comparte esta noticia

O concelleiro de Son de Trives, Jorge Vázquez
O concelleiro de Son de Trives, Jorge Vázquez

Para Son de Trives, con este anteproxecto continúase co desmantelamento da sanidade pública, desta volta ao converter a área sanitaria de Valdeorras en distrito sanitario, o que suporía, asegura Jorge Vázquez “perder servizos, recursos e capacidade de xestión sanitaria a nivel comarcal, empeorar o funcionamento da atención primaria… en resumo, nefastas consecuencias para a zona, no noso caso, para a veciñanza de Trives.

Por elo desde que tiveron coñecemento do anteproxecto puxéronse a traballar sobre elo, contactando coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de O Barco e tomando diversas medidas ao respecto.

Unha das accións emprendidas pola Plataforma foi a convocatoria de concentracións os mércores no hospital do Barco e nos centros de saúde da contorna para pedir a retirada do anteproxecto de reforma. O mércores 30 de agosto tiña lugar a primeira desas concentracións, na que integrantes de Son de Trives se desprazaron ata Manzaneda como mostra de apoio ao concello veciño, ao non terse previsto dito acto por parte do grupo de goberno trivés.

Dado o interese da cuestión, desde Son de Trives chaman á mobilización da veciñanza da zona en defensa duns servizos sanitarios de calidade: está en xogo a nosa saúde. Queremos unha sanidade pública, de calidade e proximidade, independentemente de onde vivamos. Quen vivimos no rural non somos cidadáns de segunda”.

Froito de múltiples conversas mantidas entre o concelleiro de Son de Trives, Jorge Vázquez e membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de O Barco concretouse a próxima concentración para o mércores, 6 de setembro, ás 12:00h ante o centro de saúde de A Pobra de Trives.

Agradecemos que diversas entidades se sumaran á difusión da convocatoria para a concentración, incluído o concello de Trives, que aparentemente decidiu pronunciarse ao respecto e apoiar tamén a causa”, asegura Jorge Vázquez, inda que lamenta que non se dirixan á súa formación polo momento.    

Temas: TRIVES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta