En Marea denuncia a "intención" do PP de "dar máis privilexios ás eléctricas" no sector eólico

Subliña que, para iso, facilita a "expropiación" e a "redución dos trámites ambientais e de autorización" e di que estes proxectos son "negocios suculentos e privados"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/09/2017 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

En Marea denunciou este domingo a intención do PP de "dar máis privilexios ás eléctricas no sector eólico, facilitando a expropiación e reducindo os trámites ambientais e de autorización".

Antón Sánchez, cabeza de lista da única candidatura para Anova
Antón Sánchez, cabeza de lista da única candidatura para Anova

Nun comunicado, a formación indicou que o viceportavoz de En Marea no Parlamento galego, Antón Sánchez, realizou este domingo pola mañá, xunto ao deputado Francisco Casal e os representantes de Salvemos Cabana, unha visita aos terreos onde está prevista a instalación do parque eólico de Mouriños.

Tras a visita, Sánchez denunciou que a proposición de lei de fomento de iniciativas empresariais presentada polo PP é "un compendio de medidas que buscan dar máis privilexios ás grandes empresas de determinados sectores estratéxicos, e minar as posibilidades da cidadanía para facerlles fronte reducindo á mínima expresión a participación pública e as garantías ambientais".

A continuación, explicou que "unha mostra máis" diso é a súa disposición adicional segunda, onde se definen os proxectos declarados de especial interese e as consecuencias que terá esta declaración.

Por que a súa declaración como proxectos de especial interese?

E é que, continuou, serán declarados proxectos de especial interese os que se desenvolvan no marco de poxas para a asignación de réxime retributivo específico a instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de tecnoloxías renovables, impulsadas ao amparo dos disposto no Real Decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeneración e residuos.

A consecuencia que terá esta declaración de aprobarse esta lei nestes termos, asegurou o viceportavoz de En Marea, é que "automaticamente será considerada prioritaria a súa tramitación e os prazos para a súa autorización e para a tramitación ambiental serán reducidos á metade".

Ademais, continuou, a súa declaración de utilidade será outorgada polo órgano competente en materia de enerxía e "suporá automaticamente a prevalencia deses proxectos sobre outra utilidade pública, sexa o aproveitamento do monte, o sector turístico ou a preservación dos valores ambientais".

"É un escandaloso outorgamento de privilexios para as empresas eléctricas que sexan adxudicatarias do sistema de poxas que desenvolven proxectos de parques eólicos, plantas de biomasa, de queima de residuos ou de coxeneración, que terán o camiño expedito para levalos a cabo de maneira rápida pasando por encima dos dereitos das persoas propietarias do terreo, e por encima do dereito deste país a integrar outros usos no seu territorio e a conservar os seus valores ambientais e paisaxísticos", subliñou o deputado de En Marea.

Nesta mesma liña, denunciou que estes proxectos son "negocios suculentos e privados" e que, con todo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "aposta por dar máis poder ás empresas e dificultar as posibilidades de oposición social": "Con esta proposición de lei aínda será máis difícil, practicamente imposible, facer fronte a proxectos como o do Parque de Mouriños, que supoñen un beneficio enorme para a empresa e prexuízo para os veciños".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Xesús Ateo Recalcitrante

Os franquistas sempre tiveron moita querencia polas eléctricas: cando inundaban vales fértis, cando botaban á Garda Civil a reprimir aos paisanos que se rebelaban contra as inxustizas do franquismo en favor de Barrié de la Maza, cando escarallaron os nosos ríos,... Por que van ser os fascistas agora diferentes de entón? Seguen a favorecer aos seus patróns; no caso da xeración de enerxía, as eléctricas.

2 Gamela

E nin siquera fúchedes capaces de arrincar unha Lei contra a Pobreza Enerxética e xa está en portas o inverno e vós seguides dándolle aire ás eléctricas na Comisión 6ª do Parlamento de Galicia !!! Estamos cansos de tanta propaganda barata !!! Queremos RESULTADOS !!! https://i.gal/gamela09

1 electron volt

Dicen que a moito enchufe desconectado de Waldo das jons... agora na comisión de dereitos de militantes as puñaladas polas costas son abundantes, o electricante Facista Waldo das jons esta pechando as bocas ante a catástrofe de anovados-mareantes de podreiros que diran SI a represión expañolenta sobre o pobo catalán, poner o sonriso, como decían o sonriso da demodesgracia española, o prodreiros trouxo a desgracia a dominación pepeira... pero o Waldo agora vive coma nunca en medio de luxos e cambiando de noivas como quen muda de zocos ... viven coma deuses xa son casta PPura! non poden engañar a ninguen antes había un-ha vieira e agora teñen un berberecho que lle da a electricidade a expaña que non tolera a cuota eléctrica propia e galega por orde do PP-odreiros Waldo das JONS.