Galicia entra no gran foro dos liberais europeos

A Asociación Galega para a Liberdade e a Democracia (GALIDEM) acaba de entrar a formar parte do European Liberal Forum (ELF). Galidem organizará unha xuntanza internacional en 2012, na que participará Converxencia XXI e un dos partidos integrados no Bloque.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/10/2010 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

GALIDEM é a primeira asociación galega que entra a formar parte deste clube que engloba asociacións liberais de toda Europa. Do European Liberal Forum forman parte os Think Tanks dos máis poderosos partidos liberais europeos, desde o Partido Liberal-Demócrata británico, actualmente no goberno de coalición cos conservadores, até o Partido Liberal alemán.

O ingreso da GALIDEM no ELF foi avalado polo Movimento Liberal Social portugués e a Fundació Catalunya i Democracia e fíxose efectivo na asamblea que este foro celebrou en Bruxelas o pasado 1 de outubro.

"Espallar os valores liberais"

"O ingreso da GALIDEM no ELF é moi positivo tanto polo recoñecemento internacional que isto supón para o noso país e os ideais galeguistas como pola oportunidade que ofrece para espallar en Galicia os valores liberais", apuntou o seu presidente, Fernando del Río, a Galicia Confidencial.

A GALIDEM é un Think Tank que ten por obxectivo analizar e propor solucións aos diversos retos que confronta a sociedade galega actual, "sempre desde unha perspectiva liberal e galeguista".

None

Cumio dos liberais europeos

Esta asociación organizará o cumio liberal ibérico de 2012. Un evento no que tamén colaborarán Converxencia XXI e o PNG-PG, formación que forma parte do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

8 VMS

É que chamarse liberais e ter unha estrela vermella na bandeira do teu partido... iso é como aquela foto dun negro cunha esvástica na camiseta. (Salvando as distancias)

1 PTM

Certamente, VMS, certamente. Esa é unha contradicción que o PNG-PG terá que resolver se quere ser recoñecido entre a gran familia liberal ibérica e europea

2 Torname o can

Non todo o mundo ten a valentia que tivo Padín co proxecto de Converxencia XXI, hai moito comodón e estomago agradecido que estaria mais identificado ideoloxicamente con CXXI pero continuan no PP ou no BNG por intereses persoais.

3 Pardo de Cela

O Partido Galeguista, o histórico, non esa mala copia que hoxe ten as súas siglas, tiña unha estrela na súa insignia, que significa nacionalismo e non ten que ver coa marxista.

7 Luguês

Graças ao liberalismo os trabalhadores de Endesa e Meirama tinham que comer. Graças ao intervencionismo de Zapatero, já veremos.

6 Galeguista

Esta é unha boa noticia, por fin aire novo na política e na cultura económica de Galicia, que boa falta nos fai, para mellorar fai falta que as cousas cambien. Noraboa aos responsables da GALIDEM e de Converxencia e moito ánimo

5 PTM

VMS: Converxencia XXI non ten absolutamente nada que ver co BNG, organización bastante radical e situada moi á esquerda. Converxencia XXI é un partido centrista de corte liberal-demócrata e galeguista. Na súa páxina web ou no seu facebook podes ver cal é a súa onda. A GALIDEM é un think tank ligado a Converxencia XXI. Tanto a GALIDEM como Converxencia XXI confían nos mercados e comparten os valores liberais.

1 Porco Jones

Radical o BNG ¿por qué?¿porque o dis tí? Ti sí que es un radical meu

2 oquefaltava

Á esquerda de quen o BNG? No discurso e na farsa pode que si, na práctica son amigos de Tojeiro, Gayoso, Lence, Martinez Nuñez... e canto mafioso da dereita extrema asoma polo país. Son como o PC na China, moita bandeira vermella pero abrazan o capitalismo salvaxe. E como se os mercados e valores liberais non tivesen suficientes defensores hoxe, parece que precisamos máis e disfrazados de autóctonos, o que nos faltava para explotarnos mellor.

3 Mais do mesmo

Aplaudo o "galeguismo" de Coverxencia aínda que este sexa como o café descafeinado. O que xa non estou de acordo é na radicalidade que afirma do BNG, pois iso vai coas conviccións ideolóxicas de cadaquen. Eu por exemplo entendo que non hai maior radicalidade que "confiar" nos "mercados" vista a situación que nos atopamos precisamente polas prácticas usureiras e antisociais destes. Vivimos na nova dictadura( or new fascism) o que hai é que combatir é tales prácticas ao meu entender. Esa palabra “mercados” parece mais ben un a eufemismo. Quenes son eses "mercados" delincuentes que se impoñen ás democracias e ao poder soberano dos estados, que negan e impiden o fin dos paraísos fiscales. Bonitos valores radicais e extremos que vostedes defenden

4 maisun

libegales como fedegico???? cagamba, cagamba que integesante. imos vigando coma goda do muinho, xigagei xigagei e xigagei....o caso e saig na afoto.