GC Aberto

Davide Rodríguez (En Marea) leva ao parlamento a negativa á instalación da planta asfáltica en Parada de Ribeira (Xinzo de Limia)

Xunto cos deputados e deputadas da formación e o voceiro Luis Villares, veñen de presentar unha Proposición non de Lei para o seu debate en Comisión. No texto da Proposición, apuntan ao gran dano ambiental que a planta asfáltica de produción de mesturas bituminosas (planta de asfalto en quente) produciría, tanto para a saúde das persoas coma dos animais e mesmo do entorno.

Por BGG | GC ABERTO | 04/09/2017

Comparte esta noticia

No seu momento, o concello de Xinzo denegara a instalación da planta ao carecer de licenza e pola firme oposición da veciñanza dos pobos, mais agora a Xunta emitiu un informe sectorial favorable á instalación da mesma e o concello outorgoulle a licenza.

Davide Rodríguez na Radio Galega
Davide Rodríguez na Radio Galega

Para o deputado autonómico, a instalación da planta asfáltica conlevará “problemas respiratorios, alteracións e malformacións nos fetos, aumento da incidencia do cancro polo emprego de produtos altamente canceríxenos, enfermidades das propias traballadoras da planta, afectación das augas superficiais e subterráneas, que se converterán en choiva ácida, contaminación do aire, ademais de producir un consumo de mais de 23000 litros de auga cada hora, que non se empregan no proceso produtivo pero si para limpar os áridos empregados posteriormente; auga sucia que despois de empregarse hai que tratar e evacuar e que afectará de xeito significativo ao solo e subsolo e polo tanto, ao sector agro-gandeiro por afectación dos montes e das fincas. Ademais, afectará por proximidade á zoa ZEPA (pertencente á Rede Natura)”.

Suporá tamén, afirman as deputadas de En Marea “o paso pola estrada de 12 camións cada hora con produto rematado, coa conseguinte perturbación en ruídos e molestias á veciñanza, o deterioro da estrada polo tráfico pesado e os problemas que se causarán na circulación ao seu paso polas poboacións”.

Ante esta situación, desde En Marea presentaron unha Proposición non de Lei onde instan á Xunta a paralizar e denegar a licenza das obras de instalación da planta asfáltica tal como se presenta, así como estudar con técnicos/as o posible impacto dos axentes canceríxenos derivados do uso dos produtos na planta de bitumasas e manter reunións con tódolos axentes implicados (veciñanza, concello, sector gandeiro e agrario, etc) a fin de ter en conta o seu posicionamento, estudando outros posibles emprazamentos de ser posible.

Tamén prantexan o estudo do impacto ambiental que ocasionaría, da afectación ás traballadoras e do impacto socioeconómico, así como o custo do seu desmantelamento futuro, o tratamento das augas residuais e a reparación do ecosistema afectado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta