Temas: TURISMO

O turismo segue a reducir o paro en Galicia

Galicia é unha das poucas autonomías nas que cae o desemprego en agosto, grazas ao datos históricos do sector turístico. Agora ben, as cifras deste mes, tradicionalmente malo para o emprego, non son tan boas como a doutros agostos recentes.

Por E.P. | A CORUÑA | 04/09/2017 | Actualizada ás 09:26

Comparte esta noticia

Galicia é unha do sete autonomías onde o paro baixou no mes de agosto, con 746 desempregados menos rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem), segundo informou este luns o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Paro
Paro | Fonte: Europa Press

Xunto a Galicia, as comunidades autónomas que experimentaron unha baixada do paro máis importante son Canarias (-850) e Cantabria (-831). Pola contra, a nivel estatal, o paro sobe en 46.400 persoas en agosto co fin do verán e tras seis meses consecutivos á baixa.

No últimos oito anos neste mesmo mes o paro rexistrado aumentara en 44.063 persoas. Desta forma, a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.382.324 persoas, o seu nivel máis baixo do últimos oito anos, según o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Con todo, o incremento deste ano do paro en agosto é maior que o do de agosto do ano paado, onde foi de só 14.435 persoas. 

Temas: TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta