Menos clases nos colexios públicos e máis nos concertados

Os centros privados sufragados por diñeiro público abren novas aulas, incluídos tres que separan aos cativos en función do seu sexo. Ao conselleiro parécelle algo natural, produto da demanda da sociedade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/09/2017 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O curso escolar comezará nos vindeiros días con maior peso do ensino privado concertado. En concreto, segundo datos desvelados hoxe por Comisións Obreiras, pérdense 47 novas aulas públicas de infantil, mentres que a Xunta autorizou -e subvencionará- 63 novas aulas en centros concertados, incluídos os que segregan aos cativos en función do seu sexo.

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitando o Colexio de Fomento Montecastelo
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitando o Colexio de Fomento Montecastelo

“Queremos denunciar o aumento dos concertos educativos, sobre todo nos centros que segregan ao alumnado. Peñaredonda, Montespiño e Montecastelo aumentan 1 unidade de Ensinanza Primaria cada un deles”, indicaron en rolda de prensa esta mañá en Santiago.

Luz López, responsábel de CC.OO. Ensino, alertou hoxe que a Consellería de Educación está a negar solicitudes de centros públicos para abrir novas aulas  e polo contrario, asegura que a Xunta dálle luz verde a todas as solicitudes de apertura de aulas de por parte de centros privados, pagados con diñeiro público. Esta problemática sucede, segundo a central, sobre todo en FP onde “concertan en FP 18 ciclos de grao medio, 15 ciclos de grao superior e 19 de FPB a maiores dos xa existentes”.

A central engade que a Administración facilita cada vez máis as cousas as escolas privadas. Como exemplo, apunta que os convenios polo que diñeiro público sufraga o ensino concertado tiñan antes unha duración de catro anos, e agora o Goberno do PPdeG aumentounos a seis.

RESPOSTA DA XUNTA

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, tivo que abordar esta problemática nunha rolda de prensa posterior. Durante a presentación do transporte escolar, o mandatario tentou quitarlle ferro ao asunto argumentando que “é normal que o número de aulas varíe”. Di que sucede “todos os anos”.

Na súa opinión, isto débese exclusivamente, aos cambios naturais da demanda nas diferentes localidades, tanto na pública como na privada. “O mapa escolar é un mapa escolar vivo e responde as necesidades e demanda da sociedade”, argumentou este mediodía en Santiago. 

Segundo o detallado análise de Comisións, en total hai hai 42 unidades menos de Infantil e Primaria para este curso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

8 jaliñeiro expañolento

LADROECIO, con cartos públicos, asi calquera e empresario, suxos ladrons que lle negades o pan e o sal o traballador galego... que metedes calses de relixión e de inmundicia expañolenta, lembramos no pasado tentando meterlle na mioleira os inocentes nenos galegos a lista dos reises godos, cando nos o que tiñamos eran reises suevos... menos relixión, menos filosofías e mais ciencia e matemáticas... e sacade tamen o andalusí das clases merdeiras... burguesía expañopaleta na Galiza!!! e seipan tamen que o mito dos 3 meses de vacacions e soamente un mito, EMPRESARIADO SUBVENCIONADO- EMPRESARIADO CEBADO!!! - investinguen tamen meses colexios do opus-day o que esta pasando, controlen a isas madrasas o que fan... o que fan... o que están facendo adoctrinando, sepan que un galego será sempre un galego e nunca será un expañol, e cuestión de sangue e cultura... so burrastemios!!!! O EXPAÑOL!!! xa basta de inflaros de alpiste jaliñas azuis!!!

7 Galegus

Cuñaoo compara una tesis doctoral con un artículo en una página web de internet. Este es el nivel de la CIG. Más o menos como comparar a Valle Inclán o Cunqueiro con los ripios de Sechu Sende. Por supuesto que allí además hay libertad de elección de lenguas en la enseñanza, al contrario que aquí. El único lugar, aparte de Galicia y Cataluña, de este mundo donde se daba la misma situación que aquí era en la Sudáfrica del Apartheid. Todo el que lee algo más que las consignas de la CIG sabe la rebelión contra dicho régimen se inicio cuando se obligó a los negros a estudiar en afrikaner, un idioma de uso local restringido que no tiene ninguna utilidad comparado con el inglés.

1 Cuñaooo

Non se compara nada, só se defende o "Sapere aude" de Kant e sobre teses de doutoramento habería moito que falar. Aburrídesme case máis que os ninistas da rama esquerda (mareantes), pero en fin. Vaiamos con datos: en Finlandia só o 8% da poboación fala sueco que por outra banda, é unha lingua moi afastada do finlandés xa que non é que non pertenzan á mesma familia lingǘística e que non pertencen ao mesmo grupo (o sueco é unha lingua da familia xermánica indoeuropea) eo fines pertence á rama das familias urálicas. Ou sexa non se trata de linguas moi semellantes coma as nosas. A lei garante o dereito a usar o sueco ou o finés. Tamén se recoñecen os dereitos dos sami e dos xitanos a desenvolver a súa propia lingua e cultura. Podes consultalo aquí: https://es.wikipedia.org/wiki/Const...

6 Galegus

Aconséllase ler o estupendo libro de Xavier Melgarejo titulado Grazas Finlandia. Está baseado na tese doutoral que fixo sobre o sistema educativo finlandés: mesmo gasto por alumno que aquí, ensino 99% pública, sen oposicións, sen facultades de educación masificadas. Os traballadores da educación pública teñen exactamente os mesmos dereitos e deberes que os de calquera empresa privada. O que non sabe explicar, nin sabe tratar con críos ou adolescentes, pode buscar outro traballo.

1 Nexus 6

¿Verdad que en ese sistema los alumnos y sus padres pueden elegir la lengua vehicular, sea finés o sueco, las dos oficiales del país? ¿Verdad que es suficiente su opinión y que exista un porcentaje del 8% para que el sistema ofrezca esa libertad de elección?

2 Cuñaooo

Aconséllase ter sentido común e buscar diversas fontes de información: https://www.elconfidencial.com/alma... Aconséllase ler, para entender a historia de Finlandia, a ben documentada entrada en inglés na wikipedia e como vexo que hai algúns moi descoñecedores da historia deste país deixo outro enlace: https://finland.fi/es/vida-y-socied... En xeral aconséllase unha actitude de apertura mental á diversidade cultural, lingüistica, biolóxica... A todo aquilo que nos enriquece espiritualmente e nos permite vivir. E desaconsellable andar buscando sempre aqueles libros ou artigos que non nos fan pensar senón adquirir máis certeza sobre os nosos prexuízos.

3 Hartito

Nexus eres ton to acabas de decir las dos oficiales en el país Ojalá las lenguas de las comunidades autónomas fueran oficiales en el país entero como en Suiza donde por cierto no hay ningún conflicto por ser todas oficiales tu eres un amargado

4 Freixo

Pedir cultura aos supremacistas centralistas? Isso é um oxímoron: nunca a tiverom, nom a tenhem e nom farám qualquer esforço por a adquirir.

5 Atrasados Retrasados

Do mesmo xeito que o Tribunal Constitucional de 2017, formado por señores de 65-70 anos, educados en colexios de curas e unha señora educada en colexio de monzas, entende que no é contrario nin ó 9.2 nin ó 14 da Constitución; un Tribunal Constitucional dos xuristas que hoxe temos 35-40, e estudamos a inmensa maioría en colexios públicos, imos considerar que o adoutrinamento relixioso polas tardes en horario de extraescolares, se é gratuito, non contradice o 27.3. Ese é exactamente o atraso social que levamos respecto de Europa, 30-40 anos. É dicir, seguimos como antes de morrer Franco plácidamente na súa cama.

1 Berros galegos

Xa que falas de señores de 65-70 anos, esa é a idade da xerontocracia da UPG, e máis. E Beiras tamén é un neniño. Ainda en Galicia hai xente que vive coa nostalxia de Stalin, Muro de Berlín e Pol Pot.

4 Gamela

CC.OO. faríanos a todos un favor se pedise o CESE fulminante do Embaixador de España ante a OCDE (Wert) que na letra pequena da súa LOMCE fixo posible a subvención aos colexios que discriminan por sexo do Opus Dei !!! E coma premio o mandaron a París xunto a súa muller, Montserrat Gomendio alta funcionaria responsable do Programa PISA na OCDE, e é alí onde se traballa a fontanería fina para que os colexios privados-concertados sigan medrando na Europa do Capital !!! http://gamela00.blogspot.com.es/201... Pero mentras sigamos denunciando ano tras ano que os colexios concetados seguen recibindo máis aulas e mellor trato cós públicos, o único que facemos é "chorar polas corredoiras" !!!