Rosalía e Refree volven a Galicia

Despois do éxito das súas actuacións na Coruña e na Illa de Arousa, o dúo de moda do indie estatal actuará en Ferrol.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 05/09/2017 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

En concreto, o concerto será o sábado 7 de outubro a partir das 21 horas no auditorio de Ferrol. As entradas xa están a venda en Ataquilla dende só 10 euros máis gastos. 

Rosalía y Raül Refree en A Coruña
Rosalía y Raül Refree en A Coruña

A cantante Rosalía está a renovar o gremio do flamenco, grazas á colaboración Raül Refree, produtor musical barcelonés famoso por acompañar a outra das mellores voces catalanas, Silvia Pérez Cruz e a artistas consolidados como Kiko Veneno ou La Mala Rodríguez.

Unha das voces máis novas e máis prometedoras do flamenco actual e un dos guitarristas máis innovadores das últimas décadas, Rosalía e Raül, fan flamenco moi ruidista e experimental; que está a erguer aplausos entre a crítica e os espectadores que acoden as súas intensas actuacións. 

Tags: #Música
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta