Temas: DESAPARECIDO

Desaparecido un neno desde o domingo

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo puxo en marcha o protocolo para desaparicións de menores (e maiores non capaces), tras recibir a denuncia dos pais dun neno de Vigo, Isaac Rodríguez Nogueira, de 14 anos de idade, do que descoñecen o seu paradoiro desde o pasado domingo.

Por E.P. | VIGO | 05/09/2017 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Fontes policiais confirmaron que a denuncia foi interposta polos pais do neno este luns pola tarde, e activouse de inmediato o protocolo previsto para estes casos. Así, a UFAM (Unidade de Familia e Muller) iniciou a investigación e comunicouse a desaparición ás unidades operativas do 091 que están na rúa, así como a Garda Civil e Policía Local.

Menor desaparecido en Vigo
Menor desaparecido en Vigo | Fonte: Europa Press

Segundo a alerta difundida pola Asociación SOS Desaparecidos, Isaac foi visto por última vez na parroquia de Bembrive. No momento da desaparición levaba un pantalón gris de camuflaxe, unha camiseta branca coa lema 'Florida 25', zapatillas azuis e negras, gorra vermella e unha mochila de cor crema.

O neno ten 14 anos de idade, ten o pelo castaño e os ollos escuros. Leva lentes e é asmático.

Temas: DESAPARECIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta