A Xunta di que os traballadores do Parque das Illas Atlánticas teñen que adaptarse a traballar nunha illa

Recoñece que teñen que estar operativos unha semana continua pero "descansan outra".

Por Xurxo Salgado | Vigo | 06/09/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente recoñece as características especiais nas que que teñen que realizar as súas labores os traballadores do Parque Nacional das Illas Atlánticas, pero destaca que isto é porque teñen que “adaptarse á peculiaridade que se desenvolve nunha illa”.

Praia De Rodas, nas Illas Cíes
Praia De Rodas, nas Illas Cíes

A Xunta responde deste xeito á noticia publicada por GC na que traballadores e sindicatos acusan á dirección do parque de “caos” na organización do traballo porque, din, acumulan 2.000 horas de traballo que non son retribuídas e teñen que quedar na illa sete días seguidos. Ademais, critican que non se teña en conta o risco e os perigos aos que están expostos por estes traballo.

“É lamentable. Están traballando en quendas semanais completas e illados as 24 horas e mesmo vivindo nalgunhas das illas durante unha semana”, critica Rodolfo Docampo de CIG-Administración. Entre as súas tarefas están ás de vixiancia, mantemento, atención ao público e tarefas medioambientais. Así, o persoal actual do parque está composto por guías turísticos (só nas Cíes e en Ons), persoal de atención e vixiancia e axentes forestais e medioambientais. 

As “peculiaridades” da illa

A plantilla actual de traballadores está formada por operarios que foron transferidos á Comunidade autónoma polo Estado no ano 2008 e por persoal laboral que antes traballaba para a concesionaria Tragsa.

“A prestación dos seus servizos debe, neste caso, adaptarse á peculiaridade de que se desenvolve nunha Illa, polo que é a Administración autonómica quen se encarga e asume o traslado deste persoal”, apunta a consellería en resposta a GC.Neste sentido, suliña que o persoal traballa nas illas unha semana e descansa outra, e se lles compensa por iso cun réxime de dietas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Pepín

Estoy siguiendo con mucha atención y tengo que decir que con total perpejlidad tod@s y cada una de las noticias que están saliendo en diferentes medios de comunicación sobre él Parque Nacional y la verdad tengo que decir que peor no se puede gestionar un lugar tan emblemático como este, es decir, no hay plan de gestion, a los trabajadores los meten en las islas una semana entera y ni hijos ni padres ni nada y encima hacer de todo y para colmo miles y miles de turistas sin control alguno y vamos que no ocurra una desgracia que allí hay cientos de muertos, en fin, lo siento mucho pero a Alberto Núñez Feijóo no le vuelvo a votar

1 Noelia

E iso sen contar coas condicions de vida que teñen alí. Ao feito de estar illados hai que sumar que as instalacións non son as mais adecuadas. A electricidade ten horario restrixido, quedan sen auga quente con frecuencia, teñen que compartir vivenda con xente que non é persoal do parque, o que xenera problemas coa limpeza e a falta de intimidade. Está moi ben, hai que adaptarse a traballar nunha illa, pero a perigosidade, penosidade e disponibilidade 24 hr hai que pagalas. Riome eu da dieta de 20€/día...