Temas: VILLOSLADA

Un concurso da Xunta imposible para as pequenas empresas galegas

Presidencia licita unha adxudicación de limpeza de 248.718 metros cadrados e máis de 250 traballadores en 13 localidades, cifras fóra do alcance da práctica totalidade de compañías galegas do sector. PSOE e patronal reúnense e protestan.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/09/2017 | Actualizada ás 09:33

Comparte esta noticia

Juan Díaz Villoslada, deputado do PSdeG, anunciou onte  unha ofensiva de iniciativas parlamentarias fronte ao novo macroconcurso de servizos de limpeza convocado pola Xunta a finais de xullo.  O parlamentario reuniuse cos presidentes das asociacións de empresarios de limpeza de Galicia, prexudicados porque non poden concorrer a unha convocatoria desta magnitude.

Villoslada reunido con representantes das empresas de limpeza
Villoslada reunido con representantes das empresas de limpeza

Segundo a versión dos socialistas, a Consellería de Presidencia renunciara o pasado 9 de xuño á subscrición dun macroconcurso de limpeza por 45 millóns de euros, a finais de xullo convocara un novo contrato de limpeza dos edificios administrativos dividido en un lote de 30 millóns de euros, outro de 373.000 e un terceiro de 242.000 euros.

Advirte que o lote máis grande afecta á limpeza de 248.718 metros cadrados e máis de 250 traballadores en 13 localidades, o segundo afectaría a 37.000 metros e 16 traballadores e o último deles 15.274 metros cadrados e 7 traballadores.

As directivas comunitarias e da propia lexislación autonómica obrigan á Xunta a defender a libre competencia e oportunidades económicas e laborais de todo o sector, incluíndo ás empresas máis modestas e non só ás grandes corporacións

En Galicia hai actualmente máis de 900 empresas encargadas do servizo de limpeza, que dan ocupación a en torno a 20.000 traballadores, a inmensa maioría deles mulleres. Isto dá unha media de 22 empregados por empresa.

Temas: VILLOSLADA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Leike

Cheira a Eulen e Habichuela