Aprende a divulgar información sobre Ciencia

Estes días celébrase en Compostela o curso ‘Contar a Ciencia. Técnicas escénicas e de narración oral para a comunicación científica’.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/09/2017 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) organiza o Curso de Verán ‘Contar a Ciencia. Técnicas escénicas e de narración oral para a comunicación científica’, impulsado pola Fundación Aquae e a empresa de xestión de augas Viaqua, que persegue un doble obxectivo: dotar aos profesionais da Ciencia e da Comunicación de ferramentas escénicas e narrativas que melloren as súas técnicas en divulgación e comunicación; e capacitar aos alumnos para desenvolver textos cun contido científico de forma que poidan ser dirixidos a un público non especializado.

Este curso, que se celebra entre o 6 e 8 de setembro no Centro IESIDE de Santiago de Compostela, está dirixido por M. Victoria Otero Espinar, doutora da área de Análisis Matemático da USC, e Eduardo Sáenz de Cabezón, Doctor de Linguaxes e Sistemas Informáticos no Departamento de Matemáticas e Computación da Universidade de La Rioja e membro de ‘Big Van. Científicos sobre ruedas’.

O curso está dividido en diferentes sesión nas que se traballará a improvisación e creación de contido científico, a creatividade e creación de textos científicos ou a presentación de monólogos en contacto co público. Todas estas actividades serán impartidas por Eduardo Sáenz de Cabezón e Helena González Burón, ambos monologuistas científicos de ‘Big Van. Científicos sobre ruedas’; e Héctor Urién (biólogo, bioquímico e coordinador do Centro de Narración Oral ‘Eduardo Galeano’ na Universidade de Córdoba).

Este monográfico está dirixido a toda persoa interesada na comunicación científica de forma oral, en directo, ante un público: científicos, profesores, profesionais das ciencias; divulgadores e xornalistas científicos; estudiantes, titulados e traballadores en xeral interesados na comunicación científica.

O curso, que consta de 25 horas lectivas, enmárcase dentro dos Cursos de Verán da Universidade de Santiago de Compostela.

Curso contar a Ciencia
Curso contar a Ciencia

Temas: FORMACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta