Se saímos da crise, porque aumentan as execucións hipotecarias?

Os xulgados tiveron que iniciar 256 execucións hipotecarias sobre vivendas no segundo trimestre de 2017 en Galicia. Son cifras oficiais do INE publicadas esta semana. O preocupante do asunto é que supoñen unha suba do 48% respecto aos inicios de desafiuzamento no mesmo período de 2016.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/09/2017 | Actualizada ás 10:24

Comparte esta noticia

Estamos ante un claro indicador de que a recuperación, evidente nas cifras macroeconómicas, non se está a trasladar ao peto de moitas familias traballadoras. Así tamén o cre Esquerda Unida, que denuncia que “os galegos asistimos a un empobrecemento total da clase traballadora (a modalidade contractual precaria, de menos horas, temporal e inestable afecta ao 94% dos novos contratos), o que fai que se consolide a precariedade e se polarice á poboación, que non se recupera da crise, ampliando a desigualdade entre a cidadanía”.

Protestas de Stop Desafiuzamentos durante un xuízo por violación
Protestas de Stop Desafiuzamentos durante un xuízo por violación | Fonte: Stop Desafiuzamentos

O 25% dos galegos viven en risco de exclusión social

A coalición comunista lembra que “o 15 por cento das persoas que traballan na nosa comundiade son pobres” e que 700.000 galegos viven en risco de exclusión social, aproximadamente un de cada catro galegos.

O número de execucións hipotecarias no citado trimestre en Galicia é similar á media de España. A autonomía é a sétima comunidade nas que máis trámites deste tipo se iniciaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta