Cales foron as causas do accidente de tren do Porriño?

As investigacións descartan problemas nas vías, na sinalización ou no mantemento do trazado ferroviario.

Por Galicia Confidencial | O Porriño | 07/09/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Hai un ano outro grave accidente ferroviario do tren Celta que cubría a ruta Porto-Vigo provocaba a morte de catro persoas e feridas a outras 50. Aconteceu a 100 metros da estación do Porriño, en Pontevedra.

Accidente de tren do Porriño, en Pontevedra
Accidente de tren do Porriño, en Pontevedra

Doce meses despois dese sinistro, o erro humano é a principal hipótese á que apuntan todas as investigacións realizadas ata o momento pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (Ciaf). Non houbo polo tanto, segundo este organismo, ningún fallo do convoi, nin nas vías, nin na sinalización. Con todo, estas non son aínda as conclusións definitivas que serán presentadas a comezos do vindeiro ano. 

Nestas investigacións analizouse o estado das vías, do propio tren, realizouse un simulacro, reproducido as condicións meteorolóxicas, o historial do traxecto, o funcionamento da sinalización e solicitouse o testemuño dos viaxeiros, ademais de opinións e informes periciais. Con todo,  a Ciaf asegurou que aínda queda por facer unha simulación do accidente que se fará por computador que unha vez concluída permitirá realizar as conclusións finais.

O que se verificou ata o momento é que o tren circulaba a unha velocidade próxima aos 120 quilómetros por hora e que o maquinista, que morreu no accidente, non consumira alcol nin drogas e que sempre respondeu os sinais. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta