Unha autora galega indaga nas formas do misticismo

A editorial Axóuxere publica o debut de Almudena Otero Villena como autora, unha compilación de ensaios titulado “عين (‘ayn). O ollo e a fonte”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/10/2017 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O título fai referencia, segundo os editores, “a dimensión interrelacional entre o humano e o divino, entre o coñecido e o descoñecido”, un termo da tradición sufí. E é que o volume indaga en diferentes formas histórica de mística e espiritualidade máis aló das grandes relixións organizadas. Por exemplo, místicos medievais como Mechthild von Magdeburg ou filósofos islámicos coma Ibn ‘Arabi, pasando a través de brillantes pensadores modernos coma Simone Weil ou Gilles Deleuze. 

Almudena Otero Villena
Almudena Otero Villena | Fonte: premir.es

Otero Villena (Ceuta, 1974) é doutora en filoloxía alemá, xornalista, tradutora, docente e agora ensaísta. Coa publicación deste volume aspira a “unha maior compresión da nosa corporeidade, do erotismo que nos formas, das fendas nas que se move a visión”.   

“عين (‘ayn). O ollo e a fonte” foi presentado oficialmente o 6 de outubro nun acto nos cines Numax. Xa se pode adquirir na tenda en liña de Axóuxere, dende só 15 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 alvaro

Para curioso Si, vive en Santiago de Compostela, pero parte da súa familia vive en Lugo, Pontevedra e outras partes do país. E fala galego, alemán, castelán, inglés e creo que tamén algo de árabe.

1 curioso

Grazas,¿ueres deixar un comentario?

1 curioso

Se alguen o sabe, gostaria saber se vive en Galicia e escribe en galego, porque como foi nada en Ceuta e non aclaran si vie ou non aquí tal vez sexa que simplemente o libeo foi editado por una editora galega. Grazas pola aclaracion