A Xunta suxire que a familia e a Fundación Franco queren “conseguir diñeiro” co pazo de Meirás

Feijóo insta á fundación e á familia do dictador a cumprir a lei. O BNG protesta na catedral para pedir a devolución das pezas do Pórtico da Gloria en poder dos Franco.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 07/09/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A Xunta foi contundente, por primeira vez desde que xurdiu o conflicto, coa familia Franco e coa fundación do mesmo nome que xestiona as visitas ao Pazo de Meirás. “Son provocacións impropias dunha democracia e igual buscan intereses concretos”, dixo este xoves o presidente da Xunta. “Pero non van conseguir nin diñeiro, nin prerrogativas”.

Pazo De Meirás
Pazo De Meirás

Deste xeito, Alberto Núñez Feijóo daba a entender, abertamente, que tanto a familia como a Fundación Franco buscan sacar tallada económica do Pazo de Meirás cunha posible compra. Pero, tamén avisou, que a Xunta non está pola labor e o que teñen que facer é abrir o pazo catro días ao mes, “tal e como especifica a lei”, ao tratarse dun Ben de Interese Cultural (BIC). “Senón, haberá sancións”, dixo. 

En todo caso, outra das posibilidades suxeridas polo presidente galego para rematar con esta situación é que a familia Franco done o pazo á Xunta. E senón, pois “terán que cumprir coas perrogativas autonómicas... Todos temos que cumprir unhas normas e nós seguiremos esixindo que se cumpran”, insistiu. 

Neste sentido, tamén criticou as medidas que adoptaron determinadas formacións políticas, como o BNG, que apoiou unha ocupación do pazo hai uns días. “A nós gústannos que se cumpran as leis e non tentar facer ruido mediatico”, ironizou.

Protesta do Bloque na catedral

Precisamente, dirixentes da formación nacionalista, con Ana Pontón á cabeza,  protestaron este xoves diante do Museo da Catedral de Santiago para pedirlle á familia Franco que devolva  dúas esculturas do Pórtico da Gloria que son da súa propiedade. No acto, a  portavoz nacional reclamou a devolución das figuras de Abraham e Isaac ao patrimonio galego.

“É unha vergoña democrática que permitamos que a familia Franco manteña bens que foron roubados ou espoliados ao pobo galego con total impunidade e  resulta vergoñento que dende as institucións públicas non se mova un dedo para restituír a propiedade das figuras do Pórtico da Gloria, o Pazo de Meirás e a Casa de Cornide ao pobo galego”, dixo.

Vía xudicial para recuperar as pezas

Pola súa banda, Compostela Aberta anunciou que estudará vías xudiciais para recuperar as esculturas do mestre Mateo en poder dos Franco desde hai máis de 50 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 MAMORIA HISTÓRICA

Lo de estudiar la vía judicial para hacerse con las esculturas, va dirigido a las bases nacionalistas, tan iletradas como la diputada europea que no sabe lo que es el delito de genocidio; lo mismo que ese estudio sesudísimo de la Diputación para denunciar a la www.fnff.es por delito de odio... Aunque las esculturas fuesen adquiridas de forma ilegítima existe la adquisición por usucapión, en donde el dominio prescribe, incluso en casos de adquisición ilegítima de un bien mueble, a los seis años...

1 Leike

Un roubo sempre é un roubo, por moito que queiras disfrazalo.

2 11.55

Partes de la fábula de una Galicia comunista y antifranquista que nunca existió. Estaban encantados con Franco ¿o me vas a contar también que a los funcionarios les expoliaron un día de sueldo, cuando estaban todos depurados y para poder trabajar para la administración debían haber demostrado que eran más franquistas que Franco?

3 19.10

Sí, efectivamente les fue expropiado un día de sueldo. Conozco el testimonio del hijo (hoy ya muy mayor) de un escribiente que se le pidió por parte del tercio local de la Falange la "donación" su sufragación. Y siendo franquista, no le hizo gracia ninguna, pero ante las "formas" de los que solicitaron su colaboración era difícil negarse. Sí son ciertas las afirmaciones de que muchas donaciones (otras no, por supuesto) fueron hechas ante el temor a engrosar una lista negra de "sospechosos dentro del funcionariado del Régimen". Y ante lo de la fábula de una Galicia comunista y antifranquista: igual no mucho, pero hay que recordar que el Frente Popular ganó en Galicia las últimas elecciones republicanas.