O feminismo galego sae á rúa en defensa de Juana Rivas

A Marcha Mundial das Mulleres denuncia a insuficiente protección dos menores en casos deste tipo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/09/2017 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

A Marcha Mundial das Mulleres en Galiza secunda as mobilizacións para o sábado 9 de setembro, impulsada por organizacións feministas no estado español. O obxectivo é denunciar  que “non se está a aplicar o artigo 10 da Lei 4/2015 do Estatuto da Vítima do Delito”. Ese artigo di que "as crianzas menores e menores suxeitas e suxeitos a tutela, garda e custodia das mulleres vítimas de violencia de xénero terán dereito ás medidas de asistencia e protección".

Unha protesta da Marcha Mundial das Mulleres
Unha protesta da Marcha Mundial das Mulleres

A convocatoria foi impulsada tamén en solidariedade con Juana Rivas, unha muller en liberdade provisional, acusada de subtracción de menores e desobediencia á xustiza, por non entregar no prazo estabelecido nunha orde xudicial aos seus fillos ao pai, condenado por lesións no ámbito familiar e sobre o que pesa outra denuncia por violencia machista aínda sen resolver polos tribunais. En opinión dos convocantes “un maltratador nunca é un bo pai”. 

As manifestacións convocadas para o este sábado, 9 de setembro,  ás 19:00 horas, nos seguintes lugares:

-Vigo, dende o MARCO

-Ourense, Subdelegación do Goberno

-A Coruña, dende o Obelisco

-Compostela, dende a Praza 8 de Marzo

-Pontevedra, dende a Peregrina

-Ferrol, dende a Praza Amada García

-Lugo, dende a Praza Maior

Ao tempo, desde a CIG, outra das entidades que secunda as protestas, lembra que o Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña quedou sen xuíz ou xuíza durante as vacacións do seu titular, que foi substituído polo de garda, tendo que atender simultaneamente ambos os dous xulgados.

“Este tipo de situacións amosan que tanto o goberno galego como o do estado español non teñen entre as súas prioridades combater a violencia contra as mulleres”, argumenta a central, que engade que “falar dun  Pacto de estado contra a Violencia de Xénero  cando se pechan xulgados aludindo a criterios económicos é un exercicio de hipocrisía”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta