ANOVA e BNG reafirman o seu apoio a referendo de independencia en Cataluña

Ante as noticias de que o Estado comeza a perseguir a posta en marcha dos comicios, as dúas formacións políticas nacionalistas galegas máis numerosas reiteraron este sábado o seu apoio a consulta convocada pola Generalitat.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/09/2017 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

ANOVA denuncia que “aumentan as presións do Estado” e acusa ao executivo de Mariano Rajoy de tratar de impedir que “a cidadanía poida expresarse libremente no referendo convocado para o 1-O”.

Comparecencia Portavoz Nacional Bng, Ana Pontón Trala Reunión Do Consello Nacion
Comparecencia Portavoz Nacional Bng, Ana Pontón Trala Reunión Do Consello Nacion

ANOVA PARTICIPARÁ NA DIADA DESTE LUNS

A coordinadora da formación, reunida esta mañá en Teo, anuncia que unha representación acudirá a Diada deste 11 de setembro. A delegación encabezada polo voceiro Antón Sánchez e “participará nas celebracións e manifestacións” para apoiar “un exercicio de democracia radical, expresión da vontade constituínte do pobo catalán”.

PONTÓN COMPARA A LOITA CATALÁ COA LOITA POLO SUFRAXIO FEMININO

Dende o Bloque, cuxo Consello Nacional reuniuse tamén esta mañá, expresan “o noso apoio á democracia é ao dereito de decidir do pobo de Catalunya. A súa voceira, Ana Pantón, criticou o rexistro da Guardia Civil nunha imprenta catalá e aos que pretenden “vendernos isto como democracia”.

Coordinadora Nacional en Teo de ANOVA
Coordinadora Nacional en Teo de ANOVA

A líder da fronte tamén atacou as medidas xudiciais decretadas pola Xustiza española para intentar impedir o referendo, como as fianzas reclamadas aos dirixentes cataláns. “Por que non responden con seu patrimonio  persoal Soraya e Rajoy polos 40.000M perdidos en axudas á banca?”, preguntouse Pontón. A nacionalista sinalou ás activistas que loitaron polo sufraxio universal e a afroamericana Rosa Parks como exemplos dos que “desafiaron a lei para obter dereitos sociais e políticos”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Eu voto

A realidade é que de non ser por Marea-podemos-en común existiría máis democracia e non se perseguiría a democracia , están pedindo sinxelamente votar para poder afastarse do recordo da ditadura e non seguir tendo unha monarquía imposta polo maior asasino da historia de Spañistan.

4 Nexus 6

Los independentistas no representan al pueblo catalán, sólo a una parte, y según su propia agencia demoscópica, ni siquiera son mayoría. Eso de arrogarse una representatividad que no se corresponde con la mayoría es una costumbre común al nazionalismo identitario y excluyente. Es lo que hacen aquí el BNG y otros nazionatas: "nós somos o pobo galego e representamos a maioría social do país" ¿Les suena de algo? También lo es amedrentar, descalificar e insultar a quienes no piensan así; fascismo puro.

3 Sesese

O fondo de este lío e o de sempre, poder e cartos. Non sei como a xente sigue a fiarse dos políticos.

2 Eu mesmo

Pois o tal Dobao, mandamáis fpgallo da Anova, é un grande defensor da cumpridora das leis Ada Colau. En qué quedamos?. Non irá á mesma manifa que Antón?. Un á dos comúns e outro á das CUP. "Eu a Boston tí a California"

1 Androide

Mais numerosa Anova que Causa Galiza?