O nacionalismo galego apoia maioritariamente o referendo catalán

Cerna e o Foro galego súmanse ao BNG e Anova no respaldo ao dereito a decidir dos cataláns, así como na celebración da Diada. Ligando reclama mobilizacións conxuntas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 11/09/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Primeiro foron BNG e Anova e agora tamén Cerna e o Foro Galego. Practicamente todo o nacionalismo galego saíu en apoio do referendo catalán. Un respaldo que moitos deles amosarán directamente en Barcelona este luns durante a celebración da Diada.

Precisamente, ademais das delegacións do BNG, En Marea e Anova, tamén haberá unha delegación de CERNA, encabezada polo seus Portaces Paula Verao e Luís Eyré. Esta formación sinalou nun comunicado que "defende o lexítimo dereito das nacións á autodeterminación, para Galiza, Euskadi e Cataluña" e defende, portanto, que o 1 de Outubros a cidadanía catalana decida se quere constituírse nun estado independente e baixo a fórmula de república.

Tamén o Foro Galego remitiu un comunicado no que apoia o referendo e critica que "poderes mediáticos confundiron a realidade coa imaxe interesada que dela pretende construír o goberno español". "Aseguraban que a alianza entre a CUP e Junts pel Si non ía durar. Mais aí segue. Garantiron que as inhabilitacións e as incautacións ían dar cabo do proceso porque, dicían, isto é cousa dunha minoritaria elite corrupta que ten secuestrado ao pobo catalán. Mais o camiño cara a autodeterminación é xa unha realidade, impulsado por unha maioría de catalás e cataláns e con novas persoas ao frente", indica.

Esta formación, que tamén forma parte de En Marea, igual que Cerna,  suliña que o referendo "vai de democracia: Do dereito dos pobos a tomaren as decisións colectivas esenciais sobre o seu futuro, sen que ninguén pretenda amordazalos para decidir por eles". "Sostemos que o verdadeiro desafío para a democracia procede de quen, impedindo calquera negociación previa, teima en negar o dereito do pobo de Cataluña a decidir o seu futuro dentro da propia Constitución".

"Elites España S.A."

Por iso, critican a "esas elites – “España S.A” –" e responsabilízanas de promover "a actual deriva recentralizadora e disfrazan de cruzada patriótica. "Se a legalidade interna española pecha esas saídas, o goberno e o parlamento de Cataluña teñen a obriga de buscar o abrigo do Dereito internacional. Niso andan e, con certeza, logo do 1 de outubro a cuestión catalá deixará de ser un asunto interno español para se converter nunha cuestión a resolver no marco europeo e internacional", advirte.

O Estado español, pois, ten que escoller onde se quer situar no tratamento da diversidade nacional. Se quer estar xunto coas alternativas democráticas de países como Canadá e o Reino Unido, ou situarse máis próximo de Turquía ou de Hungría. Nós, como demócratas galegos, colocámonos do lado da democracia. Do lado dodereito do pobo de Cataluña a decidir o seu futuro.

En todo caso, para o Foro Galego, o novo escenario aberto en Cataluña "aboca con toda probabilidade a un escenario de abertura dunha reforma constitucional". "O resultado final dependerá do apoio popular que acaden as teses independentistas en Cataluña. Mais tamén dependerá do apoio popular que acade a expresión dun autogoberno alargado nas outras nacións, Euskadi e Galiza", conclúe.

Manifestación a favor da independencia en Cataluña
Manifestación a favor da independencia en Cataluña

Mobilizacións

Por outra banda, a organización (LiGanDo-LGD)  ven de iniciar contactos con outras forzas políticas galegas e de Euskadi co fin de constituir plataformas de apoio ao proceso democrático de Cataluña. "Entendemos que é preciso mobilizar á veciñanza de Galiza e ao pobo de Euskadi en sendas manifestacións, o día 1 de Outubro de 2017", sinalou.

Estas mobilizacións, indica, deberán ter a finalidade de apoiar ao pobo catalán, "neste momento complexo da súa historia, e permitir visualizar  que as nosas respetivas nacións, tamén queren decidir o seu futuro de xeito pacífico e democrático".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

1 CUP

O Cerna e o Anova da FPG van coa esquerda tricornio e constitucional do Podremos e Ada Colau. Son raza falsa, traidores, vendidos, españolistas..

1 comunista independentista

Mintes. Anova está convidada oficialmente polas CUP.