Villares (En Marea): "Hai que entender que é a sociedade a que dá forma á institucionalidade, e non ao revés"

O portavoz de En Marea, Luís Villares, defendeu este luns desde Barcelona que "as institucións teñen que entender que é o corpo social o que dá forma á institucionalidade e non ao revés".

Santiago de Compostela | 11/09/2017 | Actualizada ás 19:03 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, defendeu este luns desde Barcelona que "as institucións teñen que entender que é o corpo social o que dá forma á institucionalidade e non ao revés".

Luís Villares, Ada Colau, Xavier Domènech, Pablo Iglesias e Ana Seijas
Luís Villares, Ada Colau, Xavier Domènech, Pablo Iglesias e Ana Seijas | Fonte: Europa Press

Antes de comezar a manifestación da Diada de Cataluña, o maxistrado en excedencia xustificou a súa presenza en que "apoiar a mobilización social que existe" nesta comunidade "polo dereito a decidir" é "unha esixencia de carácter democrático".

"A xente ten dereito a decidilo todo, tamén a súa forma de organización e o proxecto político de convivencia", profundou, á vez que reivindicou o "compromiso" da súa organización co "carácter plurinacional do Estado, que leva a cada suxeito político teña dereito a pronunciarse sobre o seu futuro".

Segundo o seu criterio, a sociedade, neste caso catalá, ten "dereito a expresar a súa forma de regular a convivencia" e tamén a fixar "os seus propios dereitos sociais para garantir que as maiorías sociais poidan realizar con normalidade unha vida digna".

Tras participar tamén no acto dos Comúns, Villares salientou "o compromiso inequívoco" da formación rupturista "coa democracia". "Hoxe e todos os días", resolveu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta