Temas: CATALUñA

“Queremos que o pobo galego tamén poida decidir o seu futuro”

A Plataforma Galiza con Catalunya está perfilando un acto para que os galegos poidan mostrar o seu apoio ao referendo pola independencia de Cataluña para final de mes. Así o explica Susana Méndez, unha das súas integrantes e secretaria de organización da CIG, en conversa con GC sobre o proceso soberanista catalán.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 12/09/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Méndez deixa claro que, a parte de apoialo, consideran a reivindicación do dereito a decidir como algo a emular en Galicia, aínda que non necesariamente  seguindo os mesmos pasos. “Cando digo emular non me refiro tanto as formas, senón a que o pobo galego tamén poida expresar a súa vontade e decidir por si mesmo o seu futuro, que non sexa un Estado alleo que o decida”, explica incidindo no dereito de autodeterminación de Galicia: “nós pretendemos para Galiza o mesmo, que aquí o pobo tamén poida expresar a súa vontade sobre o seu futuro, porque agora mesmo non pode”. 

Manifestantes galegos diante da Catedral de Santiago en apoio ao proceso de referendo de Cataluña en 2014, nunha mobilización organizada pola Plataforma Galiza con Catalunya
Manifestantes galegos diante da Catedral de Santiago en apoio ao proceso de referendo de Cataluña en 2014, nunha mobilización organizada pola Plataforma Galiza con Catalunya

Sobre a resposta do Estado, centrada polo de agora en perseguir xudicial e penalmente os pasos xurídicos e previr a loxística cara os comicios do 1 de outubro; Méndez cre que non é sorprendente, porque o “Estado actuou sempre así contra calquera intento de expresión popular” e prognostica que “esa represión irá en aumento”.

O Tribunal Constitucional non sería máis que “outro órgano” desa estratexia de represión, ao seu entender.  En opinión da Plataforma, “non pode ser que se negue a posibilidade de que un pobo exprese a súa vontade, sexa cal sexa a súa postura sobre a independencia”. 

A Plataforma Galiza con Catalunya leva organizando actos en apoio á soberanía catalá dende 2014. Por exemplo, organizou a montaxe dunha V na Praza da Quintana  en 2014 en vésperas da consulta do 9 de novembro. Aínda que nas súas reunións se pode participara  título individual, o certo é que os seus promotores son case todos colectivos (partidos, sindicatos, centros sociais, etc.) da contorna sobernaista galega de esquerdas.

Tras unha dialéctica política de moitos anos e estas semanas de moita tensión institucional, logrará Cataluña finalmente a independencia? A representante do sindicato CIG agarda que si, aínda que loxicamente non o pode asegurar. O que lle parece evidente é que “estamos ante un punto de inflexión importante, saia o que saia do referendo, o pobo catalán está demostrando que ten vontade de exercer a súa vontade propia sen que haxa un Estado que llo impida”, conclúe. 

Susana Méndez, responsábel da Secretaría Confederal de Organización da CIG e membro da Plataforma Galiza con Catalunya
Susana Méndez, responsábel da Secretaría Confederal de Organización da CIG e membro da Plataforma Galiza con Catalunya | Fonte: cig.gal

Temas: CATALUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

3 Nexus 6

Ya lo decide cada vez que vota y lo hace mayoritariamente en votos y escaños al PP, que siempre es el partido más votado con una holgadísima mayoría sobre el segundo. Actualmente en Cataluña los independentistas sólo son mayoría en escaños, no así en votos. Además, si hacemos caso a la propia agenda demoscópica de la Generalitat, los partidarios de la independencia no llegan ni a la mitad. Es lo que hay.

3 Nexus 6

Más allá de la miopía e ineptitud del gobierno, quien ha dejado de respetar las leyes, quien demoniza al disidente, quien se arroga un derecho que no posee, quien de facto está realizando un golpe de y al Estado es el gobierno catalán. Además, las opiniones y análisis a las que haces referecia en esos enlaces, no afectan en absoluto a lo que arriba he manifestado. Ahora mismo son ya delincuentes y no representan a la mayoría de los ciudadanos de Cataluña

5 Lionel messi

A que jo de nexus que os Joden el pib no os importa Cataluña ni los catalanes os importa vuestro bolsillo. Y en Galicia no gana el pp acarrea el pp y enchufa el pp aquí no hay democracia hay caciquismo puro y duro

2 Danilov

Facendo análise marxista poderiamos dicir que o problema de Susana Méndez é que como liberada da CIG gaña pouco e quere o 5% dos patriotas cataláns

1 FERROLÁN

Pero mociña , o povo xa decide agora, ou no ves os resultados das eleccións. ademais en principio o asunto catalán xa ves que ten divididos aos mesmos cátalás. Non podo entender que vos o naçonalismo da pobreza colaboredes co naçonalismo das finanzas. Fai un tempo a banca Morgan , a dos yankis, dixo , para a banca e irrelevante que Cataluña se separe o preocupante para a banca seria que podemos ganara as eleccións.

1 Balbino Fernández

Erras bastamente! As empresas do Ibex e as finanzas son españolistas por moito que estén radicadas en Cataluña, e para defender os seus privilexios xa está Ciudadanos (que se explica para contrarrestar ao nacionalismo periférico, e tamén, aquí si acertas, polo medo a Podemos estendeuse Ciudadanos polo Estado). Se cadra na pobreza galega ten responsabilidades o tributar en Madrid das grandes empresas e manter un aparato estatal de parásitos... Acontece que é máis cómodo repetir o contó da dependencia e ser agradecido co explotador. Que che preste a submisión!

2 Galego

O problema de españistan e madrid, que sin producir nada, acapara os recursos de todo un estado. No caso galego, chimpan como minimo, 3000/ano.

3 ferrolán

Dn. Balbino fernández. non solo contestar nin los franquistas nin aos seus fillos, por eso a vostede non resposto

4 Balbino Fernández

Non me coñeces de nada, logo non sei se perdeches o siso... Se pensas que teño algo que ver coa CIG ou cos seus patróns, de novo erras no disparo. Frio, frio... Agora ben, se así es máis feliz, se pensar por libre che custa, segue co teu simplismo de parvulario. Que cho den mamado!