“Queremos que o pobo galego tamén poida decidir o seu futuro”

A Plataforma Galiza con Catalunya está perfilando un acto para que os galegos poidan mostrar o seu apoio ao referendo pola independencia de Cataluña para final de mes. Así o explica Susana Méndez, unha das súas integrantes e secretaria de organización da CIG, en conversa con GC sobre o proceso soberanista catalán.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 12/09/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Méndez deixa claro que, a parte de apoialo, consideran a reivindicación do dereito a decidir como algo a emular en Galicia, aínda que non necesariamente  seguindo os mesmos pasos. “Cando digo emular non me refiro tanto as formas, senón a que o pobo galego tamén poida expresar a súa vontade e decidir por si mesmo o seu futuro, que non sexa un Estado alleo que o decida”, explica incidindo no dereito de autodeterminación de Galicia: “nós pretendemos para Galiza o mesmo, que aquí o pobo tamén poida expresar a súa vontade sobre o seu futuro, porque agora mesmo non pode”. 

Manifestantes galegos diante da Catedral de Santiago en apoio ao proceso de referendo de Cataluña en 2014, nunha mobilización organizada pola Plataforma Galiza con Catalunya
Manifestantes galegos diante da Catedral de Santiago en apoio ao proceso de referendo de Cataluña en 2014, nunha mobilización organizada pola Plataforma Galiza con Catalunya

Sobre a resposta do Estado, centrada polo de agora en perseguir xudicial e penalmente os pasos xurídicos e previr a loxística cara os comicios do 1 de outubro; Méndez cre que non é sorprendente, porque o “Estado actuou sempre así contra calquera intento de expresión popular” e prognostica que “esa represión irá en aumento”.

O Tribunal Constitucional non sería máis que “outro órgano” desa estratexia de represión, ao seu entender.  En opinión da Plataforma, “non pode ser que se negue a posibilidade de que un pobo exprese a súa vontade, sexa cal sexa a súa postura sobre a independencia”. 

A Plataforma Galiza con Catalunya leva organizando actos en apoio á soberanía catalá dende 2014. Por exemplo, organizou a montaxe dunha V na Praza da Quintana  en 2014 en vésperas da consulta do 9 de novembro. Aínda que nas súas reunións se pode participara  título individual, o certo é que os seus promotores son case todos colectivos (partidos, sindicatos, centros sociais, etc.) da contorna sobernaista galega de esquerdas.

Tras unha dialéctica política de moitos anos e estas semanas de moita tensión institucional, logrará Cataluña finalmente a independencia? A representante do sindicato CIG agarda que si, aínda que loxicamente non o pode asegurar. O que lle parece evidente é que “estamos ante un punto de inflexión importante, saia o que saia do referendo, o pobo catalán está demostrando que ten vontade de exercer a súa vontade propia sen que haxa un Estado que llo impida”, conclúe. 

Susana Méndez, responsábel da Secretaría Confederal de Organización da CIG e membro da Plataforma Galiza con Catalunya
Susana Méndez, responsábel da Secretaría Confederal de Organización da CIG e membro da Plataforma Galiza con Catalunya | Fonte: cig.gal

Tags: CATALUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

13 Argonauta

Este Vive de por-lle o Q a España...e teme se lel acabe a xirigaitada......

12 Undopobo

Xa o fai. O pobo galego xa decide o seu futuro cada vez que vota. E faino moi ben, afastándose dos que queren enfrontalo ao resto dos seus compatriotas españois e outorgando maiorías absolutas ao PP. Poderase criticar o que se queira, pero queda demostrado nas eleccións á Xunta dende fai preto de 40 anos, que ese é o partido que mellor representa aos cidadáns galegos e as súas aspiracións políticas. Viva Galicia e Viva España

1 Ana

Está moi ben que te deixes montar a cambio de favores como as súbditas do Baltar, e moito mellor que presumas con orgullo en público de que te usen. Parabéns pola decencia, educa as fillas na obediencia e a seguir tragando.

11 Abraira

Se soubesen que pouco lle gusta á xente o "plataformismo de liberados" caerían na conta que estas accións son plenamente perxudiciais para o nacionalismo de esquerdas galego. Por exemplo, os lectores e lectoras de xornais, preguntaranse. Pero estes onde traballan? Como poden estar sempre os mesmos e en horario laboral?

10 Ângelo

No mundo da lusofonia não(om) paramos de fazer o ridiculo, temos que molestar-nos um pouquinho mais...!!! POVO, POVO....e outras cousinhas

9 Galegus

Gran morro o da bloqueirada. Falan de dereitos democráticos quen sempre negaron aos pais a posibilidade de escoller o castelán como lingua de ensino dos seus fillos nos colexios pagos cos seus impostos.

1 Failde

Canta razón tés!!! Se aquí os únicos con dereito a impoñer sodes os españolistas: o natural, por mandato divino e lei emanada do seu representante por la gracia de Dios que o deixou todo ben amarrado coa Santa Constitución é o castelán. Os nacionalistas españolistas tedes dereitos sagrados e intocables, os galeguiños autoanémicos temos deberes de obrigado cumprimento, somos de segunda categoría e debemos ser agradecidos por permitirnos manter as nosas peculiaridades rexionais na intimidade. Españolistas mil grazas, a vosa sensibilidade e a superioridade coa que nos tratades é tan valiosa para a supervivencia do galego como povo de segunda. Lamento tanto que os malos cataláns vos magoen a estima, mira que querer decidir e valerse por si... Filipinos, cubanos, arxentinos, venezolanos, mexicanos... fixéronvos sufrir tanto, e agora seguimos!!!

2 Galegus

Failde: nadie sufre más que la bloqueirada. Viven en una región en la que no representan a casi nadie más que a cuatro liberados sindicales. Odian todo lo que es Galicia desde siempre, empezando por el cristianismo que impregna toda la vida, el patrimonio, las fiestas y costumbres de esta tierra. Y odian también a la patria común de todos los españoles, en la que la gran mayoría de los gallegos somos felices, como fueron nuestros ascendientes y serán nuestros hijos. El colmo es que seguiréis viviendo en una tierra española hasta vuestra muerte, que esperemos lejana. Pobres, deberíais poner fin a tanto sufrimiento, ya que también defendeis la eutanasia.

3 Failde

Meu rei do fascio españolista, a túa España unida e cristiana xa foi. A das autoanemias e da Prostitución do 78 está agonizando, non a fagas sufrir máis, o transito se é leve vai ser máis levadeiro. Non estou seguro que o BNG rexeite tanto os símbolos nacional-patrioteiros dos españolistas (os touros en Pontevedra, os alcaldiños que presiden procesións ultracatólicas...), seguro que os nazionalistas españois odiades infinitamente máis calquera manifestación identitaria de pluralidade cultural dos diferentes povos da península ibérica. Será que os do BNG non son tan feros, que os tedes algo domesticados.

4 Failde

O voso, rata fascista españolista, é masacrar o que non se agacha e baixa as calzas. Non o conseguistes nos tempos en que os fascistas camparon por Europa, que tanto lembrades coas leis cagadas á vosa medida na falsa transición, na realidade NUNCA chegastes a parar un só independentismo cando se levantou, escondéstesvos ante Marrocos deixando abandonados aos compatriotas do Sahara con DNI español... En suma, un imperialistas fracasados, e moi covardes!!! Desde o estranxeiro --segundo ti, que eu non teño frontera nin patria, e fago vida maioritariamente noutro estado--, acompáñote no sentimento pola perda das posesións nas provincias catalanas!!!