A Xunta busca incrementar o uso do transporte público compartido tras a súa posta en marcha con "total normalidade"

A Xunta de Galicia busca que os cidadáns incrementen o uso do transporte público compartido tras a súa posta en marcha con "total normalidade" no 10% das liñas de Galicia, "un total de 513".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2017 | Actualizada ás 16:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia busca que os cidadáns incrementen o uso do transporte público compartido tras a súa posta en marcha con "total normalidade" no 10% das liñas de Galicia, "un total de 513".

Así o destacaron este martes os conselleiros de Infraestruturas e Educación, Ehtel Vázquez e Román Rodríguez, respectivamente, durante unha visita ao CEIP Manuel Villar Paramá da Estrada con motivo da implantación desta modalidade de transporte no arranque do novo curso.

Neste escenario, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda explicou que esta tipoloxía de transporte foi posta en marcha con "total normalidade" e volveu a sinalar que todas as liñas "teñen blindada a atención aos alumnos" xa que a súa atención é "prioritaria" para a Xunta.

Ademais, incidiu en que, agora, o Executivo autonómico buscará que "se vaia incrementando o uso do autobús compartido". Para iso, os vehículos contan cun anagrama identificativo que indica aos usuarios que poden viaxar neles.

Con todo, a conselleira asegurou que tamén é necesario que as empresas informen os horarios desta nova modalidade para que os veciños coñezan a existencia dos servizos.

COMBINACIÓN "LÓXICA"

Na visita a este CEIP da Estrada, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asegurou que é "o autobús compartido é algo absolutamente lóxico" e supón "o primeiro paso dun proxecto" da Xunta que "favorecerá moito a mobilidade no rural".

Ademais, lembrou que en Galicia "o 40% dos alumnos de infantil e primaria" utilizan o transporte escolar, cifra moi superior á media do Estado, cifrada no 8%. "É un servizo que temos que rendibilizar para que calquera persoa que viva soa nunha aldea póidao utilizar", indicou.

Román Rodríguez tamén agradeceu a "moi boa disposición" mostrada, na súa opinión, polas Anpas para mellorar estes servizos. "Canta máis xente utilice o transporte público moito mellor para todos, para o medio ambiente e tamén para a propia mobilidade dos veciños do rural", engadiu a conselleira de Infrestruturas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta