Cando a competencia dixital favorece a inclusión social

Unhas xornadas abordarán o papel da familia, a escola ou os amigos coas novas tecnoloxías.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/09/2017 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Que supón non ter competencia dixital?  É un obstáculo para a inclusión social? Que papel teñen a familia e a escola no desenvolvemento desta competencia? Estes son algúns dos interrogantes  aos que o grupo de investigación Stellae da USC pretende dar resposta estes días 13 e 14 de setembro na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) de Santiago.

Segundo apunta a USC nun comunicado, nas I Xornadas internacionais IncluyeT reflexionarase sobre a competencia dixital en todos os ámbitos formativos e o papel que esta desempeña na inclusión social dos cidadáns. Están dirixidas á comunidade educativa, dando protagonismo ao  profesorado, persoal investigador, familias e aos cativos/as, para compartir experiencias sobre  a os procesos de construción da competencia dixital, o papel da familia, a escola e a contorna e a súa importancia na inclusión/exclusión social.

As xornadas darán comezo este mércores 13 ás 17.00 horas cunha conferencia de Inés Dussel, profesora do Departamento de Investigacións Educativas do CINVESTAV-IPN, México, titulada ‘A inclusión dixital desde a escola: significados experiencias e perspectivas’. Ao remate levaranse a cabo dous obradoiros dirixidos a nais, pais e profesorado, un centrado na creación de contidos e outro na seguridade na rede.

O xoves 14, a sesión de tarde comezará coa presentación de experiencias docentes centradas no desenvolvemento da competencia dixital. A continuación haberá unha mesa redonda coa presenza de investigadores/as da USC, Salamanca e a Autónoma de Madrid.  Xa ás 19:45 horas  Jordi Adell, profesor da Universidade Jaume I de Castellón e director do Centre d'Educació i Noves Tecnologies desa cidade, pronunciará a conferencia de clausura, titulada ‘Cara a un docente dixital crítico’

Estas xornadas se encadran no marco do proxecto CDEPI (Competencia Dixital en estudantes de educación obrigatoria. Entornos socio-familiares, procesos de apropiación e propostas de e-inclusión) dirixido polo grupo Stellae e subvencionado polo Ministerio de Economía, industria e Competitividade. O proxecto pretende contribuír ao coñecemento do desenvolvemento da competencia dixital dos estudantes no ensino obrigatorio e a posible relación que a súa aprendizaxe pode ter nos procesos de inclusión social.

Gañadores dos premios Incorpora contra a exclusión social
Gañadores dos premios Incorpora contra a exclusión social | Fonte: LaCaixa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta