Case 147.000 estudantes inician o curso este venres en Galicia en ESO, bacharelato e ensinos de réxime especial

Un total de 146.962 estudantes comezarán o novo curso este venres nos centros galegos que imparten ensinanzas de secundaria, bacharelato e ensinos de réxime especial, que abarcan tanto as modalidades para adultos como as artísticas e as deportivas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2017 | Actualizada ás 14:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un total de 146.962 estudantes comezarán o novo curso este venres nos centros galegos que imparten ensinanzas de secundaria, bacharelato e ensinos de réxime especial, que abarcan tanto as modalidades para adultos como as artísticas e as deportivas.

Alumnos En Clase
Alumnos En Clase | Fonte: Europa Press

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de momento provisionais, 90.679 destes alumnos (2.997 deles será non nacionalizado) farano en ESO, un 1,4 por cento máis que o curso pasado. Deles, 25.198 en centros concertados e 2.201 en privados.

No caso do bacharelato ordinario, o total de matrícula ascende a 31.269 alumnos, 4.944 en centros privados. Así mesmo, rexístrase un aumento do 2,7 por cento de estudantes non nacionalizados, que en total serán 632 nesta etapa.

Descende, con todo, o alumnado de ensinanzas en réxime especial, sobre todo en básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e semipresencial ou a distancia, cun total de 13,496 (un 3,8 por cento menos).

As artísticas e deportivas rexistraron un aumento de matrícula do 1,3 por cento, ata os 11.518 estudantes.

As estimacións para estudos musicais serán duns 8.783, para danza 335 e para arte dramática 161, entre outras. Pola súa banda, os deportivos contarán cun aumento de alumnado do 16,6 por cento, alcanzando os 844.

FORMACIÓN PROFESIONAL

A maiores, Educación avanzou unha previsión inicial de matriculación para os estudos relativos a Formación Profesional. Deste xeito, espéranse preto de 51.000 alumnos entre ciclos formativos ordinarios, modulares, a distancia, FP Dual e FP Básica.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta