O conselleiro de Cultura traslada "o profundo pesar" da Xunta pola morte da escritora Xohana Torres

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, trasladou o "profundo pesar" da Xunta polo falecemento da escritora Xohana Torres.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2017 | Actualizada ás 15:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, trasladou o "profundo pesar" da Xunta polo falecemento da escritora Xohana Torres.

Nun comunicado, destacou que Torres "foi unha escritora plena, dinamizadora da cultura e a lingua", e unha persoa que "desdeñou a espera de Penélope e preferiu o periplo errante e revelador do temerario Ulises".

Rodríguez agradeceu á escritora que "fixese partícipe ao pobo galego da súa viaxe vital" a través dos versos neses "cadernos de bitácora singulares" que compartía cos seus lectores.

"En todos os galegos e galegas permanece, para revivir a experiencia, a súa voz poética irrepetible", conclúe.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta