O alcalde de Sada lamenta que "seguir na ambigüidade" co franquismo leva "aprazar a solución" para Meirás

O alcalde de Sada (A Coruña), Benito Portela, lamentou este mércores que "seguir na ambigüidade" co franquismo e manter "equidistancia" entre as vítimas do réxime e a familia do ditador leva "aprazar a solución" para o Pazo de Meirás, que, ao seu xuízo, debe formar parte do patrimonio público.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2017 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

O alcalde de Sada (A Coruña), Benito Portela, lamentou este mércores que "seguir na ambigüidade" co franquismo e manter "equidistancia" entre as vítimas do réxime e a familia do ditador leva "aprazar a solución" para o Pazo de Meirás, que, ao seu xuízo, debe formar parte do patrimonio público.

Pazo de Meirás
Pazo de Meirás | Fonte: Europa Press

En declaracións aos medios de comunicación no Parlamento xunto coa deputada de En Marea Ánxeles Cuña, o rexedor local criticou que o PP rexeitase senllas iniciativas dos rupturistas e os nacionalistas neste sentido.

E, fronte á proposta do PP de analizar tecnicamente como reverter a cesión do inmoble á familia Franco, requiriu "unha cronoloxía exacta" que dea unha solución, pois os herdeiros do ditador non poden continuar con esa propiedade "nin un minuto máis".

"Esiximos ás forzas democráticas que collan o touro polos cornos e fagan propostas viables. E se hai que cambiar as leis para que sexan máis xustas, que se cambien", sentenciou Portela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 65dM

¿E cambiamos a Constitución para incautar Meirás sen pagar? Anda xa... Que mova o cu o alcalde de Sada e o expropie. El pode e a Deputación tamén. Que deixe de trolear e botar balóns fóra.

1 Lionel messi

Pero que esperaba con un cobarde como Rajoy y un lame cu los del Rey como Feijóo si hay otra dictadura el Rajoy ministro del dictador que le hace ilu