Os alcaldes das 'mareas' critican que o PP "ataca a democracia silenciando concellos" en Cataluña

Os alcaldes das 'mareas' de Santiago (Compostela Aberta), A Coruña (Marea Atlántica) e Ferrol (Ferrol en Común) critican que o PP "ataca a democracia silenciando concellos e criminalizando a discrepancia" en Cataluña.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2017 | Actualizada ás 20:06 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os alcaldes das 'mareas' de Santiago (Compostela Aberta), A Coruña (Marea Atlántica) e Ferrol (Ferrol en Común) critican que o PP "ataca a democracia silenciando concellos e criminalizando a discrepancia" en Cataluña.

Ante o 1-O, Martiño Noriega, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez emitiron este mércores unha mensaxe idéntica a través das súas respectivas contas de Twitter no que subliñan que, ao seu xuízo, o que se necesitan son "solucións políticas" e "non xudiciais".

Ademais, o tres rexedores terminan a mensaxe lanzada de maneira simultánea cun irónico "#HolaDictadura".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta