Os bombeiros localizan a un home morto nun piso da Coruña

Bombeiros da Coruña localizaron morto a un home nun piso da rúa Barcelona, na cidade herculina, segundo informou a Europa Press un portavoz do servizo.

A CORUÑA | 14/09/2017 | Actualizada ás 11:37 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Bombeiros da Coruña localizaron morto a un home nun piso da rúa Barcelona, na cidade herculina, segundo informou a Europa Press un portavoz do servizo.

En concreto, ao redor das 00,30 horas deste xoves recibiron o aviso da Policía Local para que procedesen á apertura da porta dun primeiro piso do número 103 da rúa Barcelona.

Ao abrila, comprobouse que o residente no inmoble estaba morto. Ao lugar, desprazouse unha ambulancia medicalizada de Urxencias Santiarias de Galicia-061 que certificou a morte do home, de 57 anos e iniciais F.R.R.C, precisaron desde o 061.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta