Beiras chama a responder ao "franquismo sen Franco"

Anova anuncia actos e unha manifestación a prol dos cataláns investigados ao fío do referendo de autoderminación. En rolda de prensa, Beiras cuestiona a postura do PSOE, pero tamén lanza unha advertencia a Podemos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2017 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Xosé Manuel Beiras volveu hoxe aos focos mediáticos. Fíxoo para arremeter moi duramente contra a resposta do Estado á referendo convocado pola Generalitat de Catalunya. O político nacionalista cualificou ao presidente do Goberno de "pseudoHitler" e "bárbaro", entre outros cualificativos que lle espetou a Mariano Rajoy.

Rueda de prensa dos dirixentes de Anova
Rueda de prensa dos dirixentes de Anova | Fonte: Europa Press

CRÍTICAS A PSOE E PODEMOS

Tamén reclamou ao PSOE que especifique se está polos valores republicanos ou por perpetuar a monarquía Bornónica. Aos seus socios de Podemos tamén lles arreou, cuestionando a continuidade de espazos comúns como o grupo parlamentar de En Marea no Congreso no caso de que os morados non dean un paso ao fronte polo dereito a decidir dos pobos.

A nivel práctico, o mandatario anunciou que acudirá a Barcelona o día 23 a mobilizarse en apoio da consulta. Anova, como partido, pola súa banda, di que vai promover unha gran manifestación en Galicia a favor do referendo.

O fundador de Anova e histórico dirixente nacionalista, chamou á cidadanía galega a rebelarse contra "o estado de excepción non declarado" e en defensa do dereito a decidir dos pobos que, como o catalán, "queren expresar a súa vontade".

Rolda de prensa de Beiras e outros representantes de ANOVA
Rolda de prensa de Beiras e outros representantes de ANOVA

PODE A CONSTITUCIÓN ESTAR POR RIBA DUN DEREITO FUNDAMENTAL?

Fixo estas declaración durante unha rolda de prensa acompañado polo portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez e a membro da dirección Gladys Afonso para animar aos cidadáns a "reaccionar" ante o que considera que é un "franquismo sen franco" en referencia ás últimas decisións políticas tomadas polo Goberno central.

"Estamos nun estado de excepción non declarado, os gobernantes invocan á Constitución para actuar en contra dun dereito fundamental, como é o dos cidadáns a expresar a súa vontade", denunciou Beiras, que asegurou que "o único que falta" é que "saquen os tanques".

Neste contexto, para o fundador de Anova e un dos impulsores de En Marea, é "indispensable" que a cidadanía se mobilice. "Que lles diga a estes poderes que non estamos dispostos a que un pseudo Hitler estea no poder. Xa está ben, non somos ovellas", expresou para advertir das consecuencias de "deixar que estes bárbaros neonazis actúen exactamente como actuaba o franquismo nos anos 50".

ALIANZAS "EN XOGO"

Ademais, Beiras advertiu de que a postura das formacións a respecto da defensa da consulta ao pobo catalán tamén pon "en xogo" as alianzas de Anova coas formacións coas que concorreu ás eleccións ás Cortes Xerais, Podemos e Esquerda Unida.

"Está claro que se o espazo polo que estamos representados nas Cortes, En Marea e dentro do Grupo Confederal, non actúa adecuadamente respecto diso, resultará que esas alianzas non funcionan para algo fundamental, que é o proxecto de Estado que dicimos compartir", sinalou.

Con todo, preguntado sobre se existen ambigüidade por parte dalgunhas das organizacións socias de Anova no Congreso, Beiras asegurou que "que haxa sectores ambiguos non significa que o conxunto" do grupo "sexa ambiguo" nin, "sobre todo, que os referentes que emiten o discurso sexan ambiguos aínda que ás veces dean pasos adiante ou atrás". "É difícil que desde a España estrita se poidan entender estas cousas, aínda que está a haber un proceso de educación", xustificou.

ACTOS DE ANOVA

Ademais, o actual líder desta formación nacionalista, Antón Sánchez, explicou que Anova traballa xa, "en contacto con outras organizacións e colectivos", para promover actos en apoio aos alcaldes "imputados que poden acabar no cárcere por defender o dereito dun pías a decidir o seu futuro".

"Non podemos entender como en pleno século XXI o Estado español actúa contra imprentas, redaccións de xornais e medios de comunicación públicos, como pretende prohibir actos por facer apoloxía do referendo ou como chama a declarar a 700 alcaldes, o 75% dos rexedores dun país", manifestou.

Ante iso, explicou que Anova tamén traballa na convocatoria dunha manifestación en apoio a estes principios. Unhas accións que, segundo indicou, "é necesario que sexan abertas" e que conten coa participación de todos aqueles que "defendan estes principios".

Precisamente, con este obxectivo, Xosé Manuel Beiras participará o vindeiro sábado día 23 de setembro nun mitin en Cataluña apoiar o dereito a decidir do os cataláns.

BEIRAS VOLVE A SER PROTAGONISTA

O retorno de Beiras á palestra mediática non supón, advertiu, que el asuma máis protagonismo dentro de ANOVA, xa que suliñou que o único que fai é argumentar o seu punto de vista como cidadán de a pé. Agora ben, é evidente que o partido nacionalista sitúa diante das cámaras ao seu máximo referente popular para marcar territorio, neste caso reafirmando o seu perfil soberanista fronte aos socialistas e aos seus socios de Podemos, na cuestión política máis importante desta lexislatura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

4 Ferriño

Pois xa era hora que se dese conta con quen (Podemos e IU) fixo a coalición para as Cortes Españolas.

1 Pufos BnG

O Bloque fíxoa coa dereita autonomista: os restos de Coalición Galega e a escisión mais dereitosa do Partido Galeguista. Resultado: 44 mil votos. Negocio redondo.

3 Cheira te pega

Ohhhh alianzas en csogo Ghosé Manuel que miedito les daaaaaassss. Despois de facerlles de botones ameazas con non ir con eles. Se cos teus catro xa non queren ir nin os teus liberados home

2 Breixo Jonathan

A culpa de todo é dos recortes de Feijoo, mirade... http://sevilla.abc.es/andalucia/mal...

1 comunista independentista

Veña, a ver cánto tardan os trolls do Bloque en comezar a ladrar...

1 Fartaninistas

Están guapos Beiras e o outro de barba con looks tan informais. Gustame moito o foulard de Beiras, a ver se hai sorte e deixa de levar aquelas chaquetas de pel do ano pasado que non lle acaian moi ben. Por certo, e ti disto que vés opinando: https://www.vanitatis.elconfidencia...

2 Balbino Fernández

Kollona, debes aprender a disimular mellor as túas carencias afectivas. E xa sei, odias o Beiras que noutrora amaches tanto. Que inocente, o Beiras foi sempre o mesmo egoísta, tolerado pola UPG mentres lle serviu. Era tan impresentable antes como agora, e os aplaudidores daquela e de hoxe sodes simples peóns necesitados dao postureo dun mesías salvador. País de adolescentes!