Beiras chama a responder ao "franquismo sen Franco"

Anova anuncia actos e unha manifestación a prol dos cataláns investigados ao fío do referendo de autoderminación. En rolda de prensa, Beiras cuestiona a postura do PSOE, pero tamén lanza unha advertencia a Podemos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2017 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Xosé Manuel Beiras volveu hoxe aos focos mediáticos. Fíxoo para arremeter moi duramente contra a resposta do Estado á referendo convocado pola Generalitat de Catalunya. O político nacionalista cualificou ao presidente do Goberno de "pseudoHitler" e "bárbaro", entre outros cualificativos que lle espetou a Mariano Rajoy.

Rueda de prensa dos dirixentes de Anova
Rueda de prensa dos dirixentes de Anova | Fonte: Europa Press

CRÍTICAS A PSOE E PODEMOS

Tamén reclamou ao PSOE que especifique se está polos valores republicanos ou por perpetuar a monarquía Bornónica. Aos seus socios de Podemos tamén lles arreou, cuestionando a continuidade de espazos comúns como o grupo parlamentar de En Marea no Congreso no caso de que os morados non dean un paso ao fronte polo dereito a decidir dos pobos.

A nivel práctico, o mandatario anunciou que acudirá a Barcelona o día 23 a mobilizarse en apoio da consulta. Anova, como partido, pola súa banda, di que vai promover unha gran manifestación en Galicia a favor do referendo.

O fundador de Anova e histórico dirixente nacionalista, chamou á cidadanía galega a rebelarse contra "o estado de excepción non declarado" e en defensa do dereito a decidir dos pobos que, como o catalán, "queren expresar a súa vontade".

Rolda de prensa de Beiras e outros representantes de ANOVA
Rolda de prensa de Beiras e outros representantes de ANOVA

PODE A CONSTITUCIÓN ESTAR POR RIBA DUN DEREITO FUNDAMENTAL?

Fixo estas declaración durante unha rolda de prensa acompañado polo portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez e a membro da dirección Gladys Afonso para animar aos cidadáns a "reaccionar" ante o que considera que é un "franquismo sen franco" en referencia ás últimas decisións políticas tomadas polo Goberno central.

"Estamos nun estado de excepción non declarado, os gobernantes invocan á Constitución para actuar en contra dun dereito fundamental, como é o dos cidadáns a expresar a súa vontade", denunciou Beiras, que asegurou que "o único que falta" é que "saquen os tanques".

Neste contexto, para o fundador de Anova e un dos impulsores de En Marea, é "indispensable" que a cidadanía se mobilice. "Que lles diga a estes poderes que non estamos dispostos a que un pseudo Hitler estea no poder. Xa está ben, non somos ovellas", expresou para advertir das consecuencias de "deixar que estes bárbaros neonazis actúen exactamente como actuaba o franquismo nos anos 50".

ALIANZAS "EN XOGO"

Ademais, Beiras advertiu de que a postura das formacións a respecto da defensa da consulta ao pobo catalán tamén pon "en xogo" as alianzas de Anova coas formacións coas que concorreu ás eleccións ás Cortes Xerais, Podemos e Esquerda Unida.

"Está claro que se o espazo polo que estamos representados nas Cortes, En Marea e dentro do Grupo Confederal, non actúa adecuadamente respecto diso, resultará que esas alianzas non funcionan para algo fundamental, que é o proxecto de Estado que dicimos compartir", sinalou.

Con todo, preguntado sobre se existen ambigüidade por parte dalgunhas das organizacións socias de Anova no Congreso, Beiras asegurou que "que haxa sectores ambiguos non significa que o conxunto" do grupo "sexa ambiguo" nin, "sobre todo, que os referentes que emiten o discurso sexan ambiguos aínda que ás veces dean pasos adiante ou atrás". "É difícil que desde a España estrita se poidan entender estas cousas, aínda que está a haber un proceso de educación", xustificou.

ACTOS DE ANOVA

Ademais, o actual líder desta formación nacionalista, Antón Sánchez, explicou que Anova traballa xa, "en contacto con outras organizacións e colectivos", para promover actos en apoio aos alcaldes "imputados que poden acabar no cárcere por defender o dereito dun pías a decidir o seu futuro".

"Non podemos entender como en pleno século XXI o Estado español actúa contra imprentas, redaccións de xornais e medios de comunicación públicos, como pretende prohibir actos por facer apoloxía do referendo ou como chama a declarar a 700 alcaldes, o 75% dos rexedores dun país", manifestou.

Ante iso, explicou que Anova tamén traballa na convocatoria dunha manifestación en apoio a estes principios. Unhas accións que, segundo indicou, "é necesario que sexan abertas" e que conten coa participación de todos aqueles que "defendan estes principios".

Precisamente, con este obxectivo, Xosé Manuel Beiras participará o vindeiro sábado día 23 de setembro nun mitin en Cataluña apoiar o dereito a decidir do os cataláns.

BEIRAS VOLVE A SER PROTAGONISTA

O retorno de Beiras á palestra mediática non supón, advertiu, que el asuma máis protagonismo dentro de ANOVA, xa que suliñou que o único que fai é argumentar o seu punto de vista como cidadán de a pé. Agora ben, é evidente que o partido nacionalista sitúa diante das cámaras ao seu máximo referente popular para marcar territorio, neste caso reafirmando o seu perfil soberanista fronte aos socialistas e aos seus socios de Podemos, na cuestión política máis importante desta lexislatura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

9 anonimo

Eso, catro verbas de Beiras, e millóns de galegos saen a rúa. Paco Rodríguez xa ten os seus aniños, pero Beiras sigue lanzando as masas cara adiante. Eiquí gostamos dos lideres idosos, que dirían os da alá abaixo.

8 Alberte

Que convoquen unha manifestación dixital. Dende o salón da casa coa sexta de fondo. Así terán moita máis presenza. Dixital, claro. Os cataláns quixeron enfrontarse ao inimigo sen "decorados mediáticos" e persoais. E están nun proceso moi avanzado e, sobre todo, sincero. Os seus imitadores o que fan é seguir a ser un decorado. E os decorados son cousas. E as cousas non serven. O que sí serven son as persoas. As reais, as de verdade. Nos os ordenadores. Queredes ter moitos votos? Pois seguide o que estades a facer. Pero, unha de dúas. Ou és mediático ou és real? Non hai termo medio. Así que conmigo non contes, aínda que estea dacordo contigo nesta ocasión.

1 LKI

Outros nin para decorado servides. Só sodes un ruído molesto, pero imperceptíbel. Non te preocupes, que coa xente coma ti xa non se conta. Continuade na vosa intrascendencia... dixital.

7 Alberte

A ANOVA é como a igrexa católica. Están pero non están. Son pero non son. Están en contra do divorcio pero os seus fieis non lhes fan caso. Están en contra do aborto, pero os seus fieis non lles fan caso. E así con todo. Son como se fosen unha presenza, como se fosen un decorado para que estea un amplo espectro da sociedade representado. Pero son iso: un decorado. E eles sábeno. Pero aí están, en primeira fila, cando non son máis de 20. Tamén IU é só un decorado. Pero en vez de 20 serán 200. E así con todos. Un decorado. Pero sen xente. Que convoquen á sociedade. A ver cantos van.

1 O que queda do BnG

Para seren tan poucos como dís, moito sono vos quitan tanto a pepeiros coma a bloqueiros. Algo non concorda no que afirmas, neno.

2 Outomuro

Son a voz do decorado, 150.000 votos máis ou menos

3 anonimo

Sexan o que sexan, eu creo que foron un factor clave para acabar co nacionalismo galego ou reducilo ao mínimo, hai que contar con eles. Non queda outra, tendo en conta que hoxe din digo e mañá diego. Tendo en conta que en canto as enquisas baixan van ter medios amigos que os van ter na pantalla. Tendo en conta todo iso, é o que hai e hai que contar con eles.

6 Androide

Carmen Santos hoxe mesmo en entrevista na radio: "Vale, que decidan, mais nun referendo pactado".

1 Outomuro

Ou seña, sí pero non (sentencia podemita)

5 aspg

comunista independentista E SEMPRE o primeiro en escribir un comentario diciendo " a ver canto tardan os do Bloque". En serio, sempre o primeiro en facer referencia ao BNG.

1 anonimo

Pasa do comunista in?dependentista porque eu creo que o pobre está triste porque o deixaron sen vacacións ou ao mellor non lle soben o soldo... Malpocadiño.

2 anpg

Pero sempre acerta. Di que ides ladrar, e ladrades. A culpa é dos coroneis, que non vos aprenderon outra cousa.