Temas: EN MAREA

O Proceso 1 de maio creará unha organización de mozos este sábado

Un grupo de mozos de esquerda reunirase en Santiago este sábado. Da clausura do evento, na Facultade de Ciencias Políticas da USC, debería saír unha nova organización da mocidade galega co apoio de varios dos colectivos participantes nas mareas.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 15/09/2017 | Actualizada ás 09:56

Comparte esta noticia

O seu obxectivo declarado é “seguir loitando contra a precariedade, os recortes, a perda de dereitos”; pero tamén para “formular a nosa propia alternativa”.

Cartel da Asemblea Constituínte do Proceso 1 de Maio
Cartel da Asemblea Constituínte do Proceso 1 de Maio

Algúns dos promotores do Proceso 1 de maio proveñen do espazo político das mareas. Durante estes meses organizaron “asembleas abertas” por todo o país; por exemplo en Lalín, Ferrol, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela e a Pobra do Caramiñal. Na difusión deses actos tiveron o apoio de sectores críticos co liderado de Luís Villares en En Marea.

De inspiración republicana e asemblearia, nos seus textos defenden “organizar a ruptura” dende abaixo e apoiar a conformación dun suxeito nacional. 

A xornada comezará a iso das 10:30 na Facultade de Políticas de Santiago e está previsto que remate contra as 20 horas. Os organizadores indican que está aberta a todos os que queiran participar dunha “ferramenta útil para a mocidade galega” previa inscrición.

Dáse a circunstancia que a práctica totalidade de partidos e grupos que conflúen nas mareas carecen dunha organización de mocidade propia, a diferencia das outras formacións con representación no Parlamento. Marea Atlántica, Xeira, Ferrol en Común, Anticapitalistas, Anova e Marea de Ribeira son algúns dos colectivos que durantes estes meses axudaron a difundir a convocatoria das asembleas preparatorias.

Mozos preparando a loxística da Asemblea do Proceso 1 de maio
Mozos preparando a loxística da Asemblea do Proceso 1 de maio

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta