Dous mozos aceptan dous anos de cárcere por obrigar a unha rapaza a exercer a prostitución en Santiago

Dous mozos, MF.P.C e S.G.Z., aceptaron dous anos de cárcere por un delito de prostitución por obrigar a outra a exercer esta práctica cando compartían piso en Santiago de Compostela. Ademais, ambos deberán indemnizar á vítima con 2.000 euros, non poderán achegarse á vítima a menos de 200 metros e terán facer fronte a unha multa de 1.400 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2017 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

Dous mozos, MF.P.C e S.G.Z., aceptaron dous anos de cárcere por un delito de prostitución por obrigar a outra a exercer esta práctica cando compartían piso en Santiago de Compostela. Ademais, ambos deberán indemnizar á vítima con 2.000 euros, non poderán achegarse á vítima a menos de 200 metros e terán facer fronte a unha multa de 1.400 euros.

Xuízo en Santiago de Compostela por un delito de prostitución
Xuízo en Santiago de Compostela por un delito de prostitución | Fonte: Europa Press

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede na capital galega, acolleu este venres a vista na que as partes chegaron á conformidade. Co acordo, que contempla unha pena de prisión de dous anos, os dous acusados non terán que ingresar no cárcere se non comenten outro delito.

Deste xeito, está previsto que queden en liberdade este mesmo venres, tendo en conta que ambos foran detidos nos últimos días por non comparecer nunha vista previa celebrada por este caso. Ademais, un terceiro acusado, con identidade R.M.P., non foi xulgado ao non comparecer na vista e atoparse en paradoiro descoñecido.

Na sesión, o maxistrado informou de que a orde de non achegarse á vítima a menos de 200 metros tamén poderá ser revisada, dado que na actualidade a xustiza non coñece o paradoiro e residencia da prexudicada.

FEITOS

No seu escrito de acusación, a Fiscalía sinala que os feitos ocorreron o en agosto do 2012, cando a vítima abandonou o seu domicilio familiar, situado en Ourense, para irse a vivir cos tres acusados a Santiago de Compostela.

"Ao decatarse da precaria situación na que se atopaba a prexudicada e da súa mocidade, --os acusados-- ofrecéronlle quedar no piso que estes ocupaban en Santiago e propuxéronlle que exercese a prostitución para repartir á metade os ingresos que a vítima así obtivese", asegura o Ministerio público.

Segundo sinalada, debido á súa situación, a vítima aceptou a proposición e empezou a exercer a prostitución, nun primeiro momento no citado piso e, a partir de novembro de 2012, noutra vivenda que os acusados alugaron en Vigo.

Con todo, a Fiscalía considera que, unha vez que a prexudicada empezou a exercer a actividade, os acusados "esixíanlle a totalidade do diñeiro" e "ameazábana" para que non abandonase a prostitución e déselles o diñeiro obtido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta