Goran Bregovic cabeza de cartel dun San Froilán con máis de 200 actividades

As festas patronais de Lugo, o San Froilán, arrincarán o mércores 4 de outubro co concerto do bosníaco Goran Bregovic, unha das referencias mundiais da música balcánica. Iván Ferreiro, Sés, Los Secretos ou Treixadura completan unha programación con máis de 200 actividades.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2017 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Este venres tivo lugar a presentación do San Froilán 2017 na Praza de San María, que será o escenario dalgún dos concertos programados para as festas lucenses, que este ano encherán a cidade das murallas con máis de 200 actividades.

IVÁN FERREIRO
IVÁN FERREIRO

"TODA A CIDADE IMPLICADA"

A alcaldesa, Lara Méndez, acompañada este venres polo deputado de Turismo na Deputación, Eduardo Vidal, e a concelleira de Cultura, Carmen Basadre; destacou que a lectura do pregón correrá a cargo de "un referente cultural galego": a escritora Marica Campo.

Iso terá lugar o 4 de outubro ás 20,00 horas e será o inicio de dúas semanas de celebración, aínda que as atraccións, que se situarán na rúa Rodríguez Mourelo, poderán empezar a funcionar xa o 29 de setembro.

Lara Méndez afirmou que "haberá 200 actividades" que estarán dirixidas "para todos os públicos e idades" co obxectivo de que "toda a cidade estea implicada, porque a implicación de toda a veciñanza é como se vive o San Froilán".

Presentación do San Froilán 2017
Presentación do San Froilán 2017 | Fonte: Europa Press

BREGOVIC, FERREIRO, SÉS

O bosníaco Goran Bregovic abrirá a programación de concertos o propio 4 de outubro. Iván Ferreiro, Sés, Los Secretos, Treixadura, Rosa Cedrón ou Edgar Bao (A Voz Kids) completan a proposta musical para o San Froilán 2017.

Ademais mantense o San Froilán "miudiño", destinado aos máis pequenos, así como o desfile de gando, o Día do Traxe Tradicional Gallego (domingo 8), o "Domingo das mozas", a mostra de música tradicional ou as noites de verbena coa actuación de varias orquestras.

"Toda Galicia mira para a nosa cidade, o San Froilán é un referente no calendario. Vai ser o escenario do encontro de amigos e familiares", exaltaba a alcaldesa, que tamén destacou que se aproveitarán as festas para "institucionalizar" o Día do Camiño Primitivo.

Tags: #Música
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta