Google homenaxea no seu 166 aniversario á galega Emilia Pardo Bazán, precursora do feminismo

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/09/2017 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Google dedica este sábado o seu 'doodle' (logotipo da páxina principal do buscador) ao 166º aniversario do nacemento de Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 16 de setembro de 1851 - Madrid, 12 de maio de 1921).

'Doodle' dedicado a Emilia Pardo Bazán
'Doodle' dedicado a Emilia Pardo Bazán | Fonte: Google.

Condesa, novelista, xornalista, ensaísta, crítica literaria, poeta, dramaturga, tradutora, editora, catedrática e conferenciante introductora do naturalismo en España, Pardo Bazán foi tamén precursora do feminismo, apostando pola educación da muller para equiparala en dereitos co home.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta