Bautista Álvarez será velado e enterrado este domingo na súa parroquia natal, en San Amaro (Ourense)

O BNG e a UPG transmiten o seu apoio e afecto a familiares e amigos do histórico nacionalista

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2017 | Actualizada ás 18:47 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O histórico dirixente nacionalista Bautista Álvarez, que faleceu aos 84 anos de idade, será velado e enterrado na tarde deste domingo na súa parroquia natal, San Cibrao de Las, en San Amaro (Ourense), por expreso desexo da súa familia.

Bautista Álvarez
Bautista Álvarez | Fonte: Europa Press

Diso informa o BNG nun comunicado no que expresa as súas condolencias e transmite o seu apoio e afecto á familia, amigos e a "toda a familia nacionalista".

O Bloque defíneo como "referente do nacionalismo contemporáneo" e subliña o seu "importante papel" como "gran patriota e loitador pola independencia nacional".

"Dirixente de firmes conviccións patrióticas e de sólida formación marxista, as súas achegas foron fundamentais para ir conformando as análises e alternativas políticas do nacionalismo contemporáneo", destaca.

Valora que foi ademais "un dos principais impulsores" da reorganización nacionalista, que "entregou a súa vida á causa da liberación nacional e social do pobo galego" e que o fixo "con lucidez, determinación e coherencia, ata o final".

UPG

Igualmente, a través doutra nota de prensa, o Comité Central da Unión do Povo Galego (UPG) trasladou o pesar á súa familia "e a toda a familia nacionalista" á vez que expresou o recoñecemento a "un home excepcional, unha persoa que entregou a súa vida á causa da liberación nacional e social do pobo galego e que o fixo con lucidez, con determinación e con coherencia ata o final".

Resalta que "participou activamente no traballo clandestino, en condicións durísimas que lle supuxeron pasar en diversas ocasións polos cárceres franquistas, para asentar o partido e nacionalismo entre o pobo traballador galego e para lograr a expansión da conciencia nacional e da capacidade de actuación política nacionalista na sociedade galega".

A súa contribución teórica, lembra, quedou recollido en tres volumes das obras completas, editadas pola Fundación Bautista Álvarez. Gran coñecedor da cultura e da literatura galega, á que contribuíu como escritor, o seu estilo, segundo sinala a UPG, "singularizó con personalidade propia a oratoria e a literatura política da Galicia contemporánea".

Chama a atención por último sobre a coherencia política "que marcou toda a súa vida en defensa da causa da independencia nacional de Galicia e o socialismo". "Temos a certeza de que as persoas como Bautista nunca morren, pois permanecen na memoria e no corazón do pobo, no corazón da nosa patria. Ata a vitoria sempre, camarada", conclúe.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

patético: denota gran angustia o padecimiento moral, capaces de conmover profundamente y agitar el ánimo con violencia. "un gesto patético; una escena patética; excesivamente patética resulta la procesión lacrimógena de figuras que entran en la adosada pirámide funeraria del sepulcro de María Cristina de Austria; quisiera que mis palabras fuesen lo suficientemente patéticas como para que compartiese conmigo lo trágicamente doloroso que puede ser el destino de un monstruo"