Outra decepción do Dépor

O equipo deportivista, con ata cinco trocos no once titular, perde 2-1 co Betis e queda en postos de descenso tras sumar tan só 1 punto en catro xornadas. O mércores, co Alavés en Riazor.

Por gcdeportes | A Coruña | 16/09/2017 | Actualizada ás 22:06

Comparte esta noticia

Ficha técnica:
Real Betis 2:
Antonio Adán; Barragán, Aissa Mandi, Feddal, Durmisi; Javi García, Andrés Guardado, Joaquín (Boudebouz, 82’), Juanjo Narváez (Camarasa, 51’), Tello (Sanabria, 73’) e Sergio León.
RC Deportivo 1: Pantilimón; Juanfran, Schär, Arribas, Navarro; Guilherme (Fede Valverde, 54’), Celso Borges; Fede Cartabia (Lucas Pérez, 77’), Adrián López, Bakkali (Luisinho, 70’) e Florin Andone.
Goles: 1-0: Joaquín (minuto 14). 1-1: Fede Cartabia (23’). 2-1: Joaquín (76’).
Árbitro: Undiano Mallenco. Amarelas a Guilherme (26’), Navarro (59’) e Luisinho (78’) no Dépor e a Durmisi (49’) e Adán (94') no Betis.
Incidencias: partido da 4ª xornada de Primeira División disputado no estadio Benito Villamarín ante 46.174 espectadores.

Catro xornadas de Liga e unha pésima dinámica, de novo instalado na decepción. Outra derrota, 2-1 co Betis, a terceira en catro partidos. Mal en defensa, con dous goles máis encaixados por erros propios, e problemas en ataque, con poucas ocasións de gol. Consecuencia: 1 punto en catro xornadas, con 11 goles encaixados. E tres porteiros distintos en catro encontros. E Lucas Pérez, chamado a ser o referente do equipo, que non saltou ao campo ata o minuto 77.

Non serviron os cinco trocos no once de Pepe Mel: porteiro, Navarro e Arribas na defensa, Celso Borges no canto do mancado Pedro Mosquera e o regreso de Bakkali. Tras un primeiro aviso do Betis cun disparo de Tello, no minuto 15 xa perdía o Dépor: centro cómodo do ex-deportivista Barragán dende a dereita, remate coa testa sen oposición de Sergio León, rexeite frouxo de Pantilimón e gol do veterano Joaquín.

Menos mal que o Dépor espertou. Avisou Celso Borges cun lanzamento de volea que petou no traveseiro e Fede Cartabia aproveitou o rexeite longo para facer o empate cun golazo coa esquerda tras un control orientado. Minuto 23 e 1-1. O Dépor mellorou co gol e estirouse, pero antes do descanso, houbo dous remates coa testa dos béticos tras gañarlle a partida á defensa branquiazul.

O Betis saiu enchufado trala reanudación e un remate coa testa de Serio León obrigou a Pantilimon a despexar a córner. Entrou Fede Valverde por Guilherme, e Fede Cartabia tivo dous remates, pero frouxos con pouca intención, ás mans de Adán. Poucas ocasións claras, pero o Betis, xa con Luisinho reforzando a banda esquerda deportivista, decidiu o partido nunha rápida contra sen apenas oposición: roubo de Guardado, que corre cara á área deportivista e asistencia entre liñas para que Joaquín faga o 2-1 definitivo.

Por fin entrou Lucas Pérez no campo, no minuto 77, pero o Dépor apenas creou perigo nos últimos quince minutos. Os de Pepe Mel, cunha imaxe preocupante, seguen sen gañar na Liga, e a afección xa pide nas redes sociais a destitución do técnico madrileño. O mércores ás 21.00 horas, cita chave co Alavés en Riazor.

Fede Cartabia celebra con Pepe Mel o gol do empate.
Fede Cartabia celebra con Pepe Mel o gol do empate. | Fonte: lfp.es

O equipo de Pepe Mel segue sen gañar tras catro xornadas.
O equipo de Pepe Mel segue sen gañar tras catro xornadas. | Fonte: lfp.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 sorisy

Empujar oficial de Barcelona dijo que Barcelona será en el tiempo local de cuatro semanas de examen del daño de Suárez, y luego anunció que Suárez se perdió debido a una lesión en el extremo cuánto tiempo, comprar camisetas de futbol baratas y no puede debutar en la primera ronda de la Liga contra el real Betis juego.