A Xunta solicita ao Parlamento a celebración do debate de política xeral na sesión plenaria do mes de outubro

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitou ao Parlamento galego, en nome do Goberno galego, que a celebración do debate de política xeral teña lugar nunha sesión plenaria o próximo mes de outubro.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2017 | Actualizada ás 14:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitou ao Parlamento galego, en nome do Goberno galego, que a celebración do debate de política xeral teña lugar nunha sesión plenaria o próximo mes de outubro.

A Xunta cumpre así co establecido na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, onde no artigo 48 establécese que o Goberno galego solicitará anualmente ao Parlamento a celebración dun debate de política xeral, ao comezo dun dos períodos ordinarios de sesións.

A petición, segundo indicou o Goberno galego nun comunicado, xa foi rexistrada na Cámara galega. A sesión, como vén sendo habitual, tería como punto único na orde do día a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para informar e debater respecto da situación política da comunidade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta