Feijóo subliña en Oviedo que a galeguidade se constrúe desde "a unión e a suma de identidades"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse este domingo ao labor da Asociación Día de Galicia en Asturias como a proba de que a galeguidade se constrúe desde "a unión e a suma de identidades" e "nunca desde a ruptura", en clara alusión ao referendo que pretende levar a cabo a Generalitat o próximo 1 de outubro en Cataluña e que o Goberno central trata de frear.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2017 | Actualizada ás 18:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse este domingo ao labor da Asociación Día de Galicia en Asturias como a proba de que a galeguidade se constrúe desde "a unión e a suma de identidades" e "nunca desde a ruptura", en clara alusión ao referendo que pretende levar a cabo a Generalitat o próximo 1 de outubro en Cataluña e que o Goberno central trata de frear.

Segundo indicou o Goberno galego nun comunicado, Feijóo reivindicou en Oviedo o "galeguismo inclusivo" como "a mellor forma de afrontar o mundo interconectado" no que vivimos.

Na liña co manifestado este sábado durante a súa intervención na homenaxe ao expresidente da Xunta Gerardo Fernández Albor, destacou que a identidade galega "se engrandece cando se enlaza con achegas doutras culturas", fronte ao "nacionalismo excluínte" que, remarcou, "pecha ás sociedades en si mesmas e divídeas internamente".

Durante o acto de celebración do XXII aniversario da asociación, no que recibiu a insignia de ouro e brillantes e o carné de presidente de honra, o titular do Goberno galego valorou o seu traballo dedicado a divulgar a cultura e a gastronomía de Galicia, así como "o bo facer" das empresas galegas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta