Sobre o conflito catalán

Depois de estar con compañeiros cataláns, en Catalunya, este venres 15 de setembro, a 15 dias do referendo, a coclusión do visto e oido é que existe a posibilidade de que a Generalitat se equivoque na formulación que fai a través do conflito. Non obstante o gran problema da situacion é a formulación xurídico-política do Goberno español.

Por Carlos González Armada | Vigo | 19/09/2017

Comparte esta noticia
O que fai o goberno xurídicamente é unha aberración. A Fiscalía non pode citar aos alcaldes por feitos non consumados, xurídicamente é ilegal...ademais coa imposicion pola forza o que consegue é que a xente catalá diga: "non son independentista, pero non imos deixar sós aos alcaldes nisto, non os imos abandonar"....creo que nesas cuestións se resume todo. Poderiamos ser máis profundos pero, en realidade, a base é a equivocación no enfrontamento, que a quen prexudica é ao pobo, e só beneficia a Rajoy e a Artur Mas porque o conflito tapa mediaticamente o seu aberrante e galopante corrupcion....será que lles interesa?
 
Debemos defender o dereito de autodeterminacion dos pobos, desde o diálogo, desde a amizade e a fraternidade, non desde a aplicacion interesada e manipulada das leis, nin tampouco desde o enfrontamento... O dereito de autodeterminacion é un dereito adquirido e irrenunciable...A libre determinación está recollida nos Pactos Internacionais de Dereitos Humanos, e o Comité de Dereitos Humanos puxo de manifesto a súa natureza fundamental ao sinalar que é requisito necesario para a plena efectividade dos dereitos humanos individuais..... Por tanto señores do Goberno, DIALOGO ANTE O DISENSO, que non levan vostedes a razón.
 
Vou finalizar cun comentario dun señor maior que falou comigo este venres 15-S en Catalunya e dixo..."cando gobernaba Franco vin entrar á Garda Civil nas imprentas e levaba os impresos e á xente, agora por sorte só levan os impresos".....saquen o seu conclusion, esa é a democracia que queremos?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA