Temas: INTERNET MóBIL

Os avós tamén queren aprender a usar as novas tecnoloxías

A TIC de Lugo esgota as 877 prazas dos 64 cursos gratuítos de novas tecnoloxías para maiores.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 18/09/2017 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

Está claro que Internet xa non é cousa de novos. Tamén os avós queren saber a utilizar os aparellos informáticos que manexan os seus netos. E, para axudalos, a Fundación TIC programou varios obradoiros de móbil, Internet e memoria. De feito, foi tal a demanda que esgotou as 877 prazas que ofertou para cursos e obradoiros gratuítos a través do InLugo. 

Unha persoa maior aprendendo a usar o móbil
Unha persoa maior aprendendo a usar o móbil | Fonte: tercerasalud.com

Como novidade, este ano a programación aumentou o número de aqueles cursos con máis demanda, os do uso do móbil e de Internet. Pasarase de dúas a tres edicións, tanto do primeiro nivel como do segundo. Ademais hai obradoiros destinados á mellora da memoria e das habilidades cognitivas e psicomotrices, como os de Xbox ou Wii, que fomentan este tipo de exercicios mentais. Tamén haberá 8 obradoiros de memoria. Ademais, dentro da programación os maiores da provincia poderán elixir entre talleres de redes sociais, correo electrónico ou uso de whatsapp, entre outros.

Os obradoiros que se imparten son serán de diversa duración. 37 serán de dous ou tres días, mentres que os outros 27 terán unha duración dun día. Estes últimos, que se impartirán os luns pola mañá e pola tarde e os venres pola mañá, están especialmente dedicados ao reforzamento de coñecementos, e necesitarán inscrición previa para cabida a todos os demandantes e poder distribuímos nos correspondentes días.

Temas: INTERNET MóBIL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta